Publicacións

Contidos Probas Finais e as Extraordinarias

Contidos da 1ª avaliación Contidos da 2ª avaliación Contidos da 3ª avaliación Cando se teñan que presentar a recuperar tres ou dúas avaliacións as preguntas das probas irán en proporción ao peso aproximado outorgado a cada avaliación,  que se entende que é un 25 para a 1ª /25 para a 2ª  e un 50 para a 3ª. As Probas de Lectura por realizar (ben de recuperación da 2ª, ben da 3ª avaliación de estar pendente) poderán realizarse, en lugar do día 2 de xuño, noutra data a acordar antes da reunión de avaliación 8 de xuño. Do mesmo xeito serán parte da materia a avaliar nas recuperacións no caso de non telas realizado ou de precisar recuperación delas.   CONTIDOS PARA AS PROBAS EXTRAORDINARIAS  O alumnado que teña só unha avaliación pendente os contidos son os que se sinalan nos enlaces anteriores.  O alumnado que con tres ou dúas avaliacións suspensas (evidentemente quen teña dúas só estudarán os contidos das avaliacións que teñan pendentes 1ª e 2ª, 2ª e 3ª ou 1ª e 3ª) ...

As Alumnas, de Paula Carballeira

Imaxe
  Unha homenaxe á mestra María Barbeito , quen era, que ten de especial?  Transmitir o coñecemento, a lingua... A historia informa de que non podes dar nada por feito. Dicirlle ás persoas que tiñan oportunidades. Alternar información máis seria con voltas á infancia con situacións máis irónicas.  Rosa e Elvira son personaxes reais?  Dous camiños a coller grazas á memoria: - Tempo perdido tras unha educación en igualdade para as mulleres... Rosa , a liberdade que palabra máis perigosa... só a entendemos cando nos falta.... - A esperanza de cambio tras da guerra...  que guerra é? Pero Elvira, o difícil de saír do guión...fun covarde... por que? A obra fálanos da culpa, do que é teu lugar, mais es libre para atopar o teu lugar? Que é a Guía da boa esposa ? Por que debe ser un paraíso o teu fogar? A autora ten unha estreia relación coa tradicion oral hai un conto sobre a morte. Lémbralo? A sociedade etrusca, lingua vernácula, o matriarcado como se plasma.  A f...

CONTIDOS DA PROBA DA 3ª Avalición

 Para esta terceira avalaición teremos que realizar unha proba escrita o próximo día 25 coas contidos que especificamos a seguir: LITERATURA: REXURDIMENTO: OS PRECURSORES   no libro de texto244-251 ROSALíA DE CASTRO páx do libro de texto 274 -279 Os prólogos dos seus libros (intencións), estrutura, temáticas e estilo dos mesmos.  PONDAL vs CURROS  ver no libro de texto, páxinas 294-299 / 314-319 As intencións, temáticas e estilo das súas obras máis sinaladas:  - Queixumes do Pinos de Eduardo Pondal - Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez  BEGOÑA CAAMAÑO: LETRAS GALEGAS 2026 COMENTARIOS Textos dos autores anteriormente citados (ver  especialmente os que aparecen no blog ou nos exercicios dedicados a cada autor/a do libro) para identificar autor/ obra e estilo en cada texto. Realizar comentarios de poemas enteiros dos tres grandes autores do Rexurdimento  despois de realizar a proba.  Nestes textos, puntuarase ademais dos contidos lit...

EDUARDO PONDAL VS MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Imaxe
  EDUARDO PONDAL VERSUS                                                                   CURROS ENRÍQUEZ

BEGOÑA CAAMAÑO, AS LETRAS DO 2026

Imaxe
  Begoña Caamaño Rascado, naceu no barrio vigués do Calvario, o 14 de outubro de 1964. Publicou dúas obras de narrativa   Circe ou o pracer do azul  (2009) e   Morgana en Esmelle   (2012), editadas por Galaxia. Tras os estudos de Maxisterio e dedicouse ao xornalismo, traballando nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo, Radio Noroeste e na Radio Galega, emisora na que botou a andar, xunto a Rosa Martínez en 1990, o programa Trécolas. En 1992 incorporouse á redacción central da Radio Galega, en Santiago de Compostela, desenvolvendo tarefas de redactora nos servizos informativos e no Diario Cultural, dirixindo e presentando os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite.  Faleceu, aos 50 anos de idade, en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014.  A Real Academia Galega acordou, no Pleno Ordinario celebrado o 25 de xuño de 2025, dedicarlle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño a proposta dos membros da Academ...

PLAN LECTOR DA 3ª TEATRO: AS ALUMNAS de Paula Carballeira

Imaxe
ANTES DE LER AS ALUMNAS DE PAULA CARBALLEIRA   QUE DEBEMOS VER NUNHA OBRA DE TEATRO CANDO SE REPRESENTA? Un xénero literario peculiar porque ten o obxectivo de se representar, un xénero que se identifica formalmente polos diálogos dos ersonaxes e as acoutacións ou aclaracións que se inclúen para poñela en escena.  O xénero dramático é polo seu contido  o que expresa conflitos , desacordos, ideas contrapostas, diversas formas de pensar que se enfrontan e que poden rematar traxicamente ou felizmente (comedia). ACTIVIDADES:   Formulemos unha primeira pregunta tras a represetación da Aula de Teatro do San Narciso.  1- Mirando a ilustración que acompaña ao dítico co que se presenta a obra, cal cres que será o conflito que se plantea nesta representación?  A obra que ides ver representada pola Aula de Teatro do Sei San Narciso, titúlase:  FOBOS, unha viaxe baixo o poder das egolatrías Leamos ese texto que nos fala desta obra: A Aula de Teatro San Nar...

ACHEGA A ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
  https://www.agalega.gal/videos/325507-contou-rosalia Como achegarme a Rosalía?  EXERCICIOS:   Unha achega a Rosalía de Castro: CANTARES GALLEGOS (1863) Resumir coas túas palabras o Prólogo de Cantares Callegos de Rosalía:   Comentando a Rosalía Has cantar memiña gaiteira... Estrutura e temáticas dos Cantares FOLLAS NOVAS (1880) Dúas palabras da autora Estrutura e estilo de Follas Novas