Tipos de cantigas de amigo : A dificultade da súa clasificación nalgúns casos, non impide establecer varios criterios para podelas agrupar en distintos subtipos: A) Atendendo á ambientación, ao “locus amoenus” (lugar ideal) simbólico evocado. Bailadas : Como as cantigas de amigo nas que se fai referencia a un espazo aberto e claras referencias ao baile (ambos trazos considerados tradicionais). Adoita facer referencia a un lugar como, por exemplo, na seguinte cantiga (so as avelaneiras floridas) Bailemos nós já todas tres, ai amigas, so aquestas avelaneiras frolidas; e quen fôr belida, como nós, belidas, se amig' amar, so aquestas avelaneiras frolidas verrá bailar. Bailemos nós já todas tres, ai irmãas, so aqueste ramo d' estas avelãas; e quen fôr louçãa, como nós, louçãas, se amig' amar, so aqueste ramo d'estas avelãas verrá bailar. Por Deus, ai amigas, mentr' al non fazemos, so aq...