Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta GRAMÁTICA

REPASOS GRAMATICAIS OBRIGADOS

Imaxe
  VERBOS REGULARES E IRREGULARES PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS  

PRONOMES PERSOAIS

Imaxe
 PRONOMES PERSOAIS: Os pronomes máis xenuínos porqu eson os únicos que nunca acompñarán a un sustantivo, sempre o substituirán. FORMAS TÓNICAS Cadro das contraccións dos pronomes átonos habituais: COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS Colocacion natural:  - Nunca poden comezar un enunciado: Quéreme  moito! - Posición natural despois do verbo: Pediume un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativas :  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas : Detrás dun que, porque, se...            Dixo que te chamaría. Se te mercase a bici... marchou porque che quería dar un libro.         3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?        4ª - Algúns indefinido s (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e adverbios (acaso, aínda,...

VERBOS

Imaxe
  Un repaso gramatical dos verbos que precisamos recoñecer en detalle tanto os paradigmas regulares coma os irregulares e os usos dos tempos e modos.  No libro aparecen en dúas unidades nas páxinas seguintes da páxina 160 á 165 e da páxina 186 á 191.  Estrutura do verbo REPARA: Para aprender e repasar o verbos debemos: 1º Saber ben o nome dos 10 tempos de cada modo (6 de indicativo, 3 de subxuntivo e 1 de imperativo). 2º Identificar cada tempo coa característica modal-temporal correspondente. Verbos regulares Para os verbos irregulares debemos aprender a súa raíz de perfecto para usala en catro dos tempos a conxugar:  Por exemplo do verbo facer, a raíz deperfecto é: f ix- que se usará no Pretérito e Antepretérito de Indicativo e no Pretérito e Futuro de Subxuntivo.  fix -en          fix e-ra                                          f...

DAS CLASES DE PALABRAS/ DOS SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS. XÉNERO E NÚMERO

Imaxe
CLASES DE PALABRAS SUBSTANTIVOS ADXECTIVOS XÉNERO  NÚMERO ACTIVIDADES:  Debes contrastar esta información tras consultar no libro de texto: Unidade 3 nas páxinas 62 et ss. e na Unidade 4: as páxinas 86 et ss.   POSESIVOS Ollo:

AS VARIEDADES DA LINGUA: A FALA

Imaxe
  A linguaxe humana como ben expresou Castelao adquire unha concreción  en cada sociedade ou comunidade humana, polo tanto  diferénzase doutras por presentar unha diversidade lingüística e cultural que provoca a existencia de máis de 5000 linguas no mundo. O galego é unha delas que está dentro dun privilexiado 5% de linguas que ten máis dun millón de falantes.  Por outro lado a lingua galega presenta unha serie de trazos lingüísticos que a diferenzan doutras linguas, unha especie de esqueleto que soporta un corpo de expresións ou fenómenos concretos da lingua que podemos denominar fala, a versión visible dese esqueleto. A fala é a expresión natural da lingua, a diversidade intenbna que existe en cada lingua. A gramática polo tanto presenta sempre unha variedade lingüística que son as diferentes formas de falar. Logo está a competencia que ten cada falante, hai unha competencia activa, é dicir, o uso que fai cada persoa da lingua á hora de falar e unha competencia pas...