Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2024

SARMIENTO O PRIMEIRO PRECURSOR

Imaxe
    SARMIENTO O PRIMEIRO PRECURSOR Sarmiento foi o primeiro en darse conta e valorar este patrimonio común que conservamos e que é á vez unha das compoñentes máis significativas da nosa identidade. A fala foi durante moitos séculos un patrimonio conservado polas xentes humildes, que non sabían ler e escribir, pero eran quen de máximas como: Do mal peito, mal feito ou Das palabras non o sonido, sino no sentido.   Sarmiento sería dos poucos coñecedores neses Séculos Escuros para a literatura en galego da magnífica poesía medieval en lingua galega conservada en manuscritos que tivo ocasión de consultar, por vez primeira, en Toledo. Pero tamén el foi o primeiro en compoñer á imitación do que o pobo facía o Coloquio en mil duascentas coplas galegas, que o converte no primeiro autor da Literatura galega contemporánea.   TEXTO A)   Na vila é costume dempois qu´a coñezco qu´os sábados todos do ano e arreo,     se faga mercado mercando e vendendo mil cousas do usso con