Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta COMENTANDO

Comentamos unha Cantiga Medieval?

Imaxe
Comentamos unha cantiga medieval?   Non chegou, madre, o meu amigo, e hoj'ést'o prazo saído!      ai, madre, moiro d'amor! Non chegou, madre o meu amado e hoj'ést'o prazo passado!      ai, madre, moiro d'amor! E hoj'ést'o prazo saído! Por que mentiu o desmentido?      ai, madre, moiro d'amor! E hoj'ést'o prazo passado! Por que mentiu o perjurado?      ai, madre, moiro d'amor! Por que mentiu o desmentido pesa-mi, pois per si é falido.      ai, madre, moiro d'amor! Por que mentiu o perjurado pesa-mi, pois mentiu a seu grado.      ai, madre, moiro d'amor.  D. Dinis. Lembrar que aquelas cantigas de amigo que expresan en espazos domésticos a condición ou estado  físico e anímico da namorada (velida, louçana/ coitada, en gran desejo...) son trazos de carácter trobadorescos ou provenzalizantes. Tamén hai que ter en conta a presenza ou non de recursos literarios como o refrán, o paralelismo,...

Comentarios de textos do Rexurdimento

Imaxe
  Comezamos co emblemático texto de Rosalía de Castro:    Adios rios, adios fontes, adios regatos pequenos, adios vista dos meus ollos non sei cando nos veremos .   Miña terra, miña terra,       5 terra donde m' eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei.   Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento,     10 paxariños piadores, casiña do meu contento,   muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras      15 da igrexiña do lugar,   Amoriñas das silveiras Que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, adios, para sempre adios!           20   Adios groria! Adios contento! Deixo a casa onde nacín, Deixo a aldea que conoso, por un mundo que non vin!   Deixo amigos por estraños,      25 deixo á veiga pólo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ...

COMENTAR UNHA CANTIGA

Imaxe
  Imos comentar a seguir unha cantiga seguindo un esquema que será válido para todo tipo de textos comentados. Explicámolo cun exemplo práctico a partir dunha cantiga da literatura galaico portuguesa medieval.   QUE É UN COMENTARIO LITERARIO? •       Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor/a e argumentar cos recursos significativos do texto esa idea escollida. •        Tamén pode ser que teñamos que localizar un autor con respecto a un texto polo seu estilo e temática. PARTES DUN COMENTARIO •       Lectura e información (se é preciso co dicionario) •       Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario) •       Interpretación ou núcleo:                 a) asunto ou resumo, tema ou id...

ATOPAR ELEMENTOS TRADICIONAIS E TROBADORESCOS

Imaxe
TRES CANTIGAS DE AMIGO PARA OBSERVAR ELEMENTOS  TRADICIONAIS E TROBADORESCOS: As cantigas de amigo máis fieis á tradición da canción feminina empregan cobra (estrofa) de dous versos pareados máis un refrán e seguen un paralelismo perfecto, mesmo o leixaprén. O espazo é sumamente importante. Escenas da vida rural na fonte, no río, ante o mar, na romaría ou bailando coas amigas. Expresan ou ledicia polo encontro co amigo ou pena pola ausencia deste. A paisaxe está sempre inzada de simbolismo erótico.   Mia irmana fremosa, treides comigo a la ygreia de Vigo, u é o mar salido. E miraremos las ondas.   Mia irmana fremosa, treides de grado a la ygreia de Vigo, u é o mar levado. E miraremos las ondas.   A la ygreia de Vigo, u é o mar salido, e verra i mia madre e o meu amigo. E miraremos las ondas... Existe un segundo tipo de cantigas que respecta o paralelismo, pero lévanos a ambientes domésticos: a namorada falando coa nai ou as amigas nun espazo ...