ATOPAR ELEMENTOS TRADICIONAIS E TROBADORESCOS
TRES CANTIGAS DE AMIGO PARA OBSERVAR ELEMENTOS TRADICIONAIS E TROBADORESCOS:
As cantigas de amigo máis fieis á tradición da
canción feminina empregan cobra (estrofa) de dous versos pareados máis un refrán
e seguen un paralelismo perfecto, mesmo o leixaprén. O espazo é sumamente
importante. Escenas da vida rural na fonte, no río, ante o mar, na romaría ou
bailando coas amigas. Expresan ou ledicia polo encontro co amigo ou pena pola
ausencia deste. A paisaxe está sempre inzada de simbolismo erótico.
Mia irmana fremosa, treides comigo
a la ygreia de Vigo, u é o mar salido.
E miraremos las ondas.
Mia irmana fremosa, treides de grado
a la ygreia de Vigo, u é o mar levado.
E miraremos las ondas.
A la ygreia de Vigo, u é o mar salido,
e verra i mia madre e o meu amigo.
E miraremos las ondas...
Existe un segundo tipo de cantigas que
respecta o paralelismo, pero lévanos a ambientes domésticos: a namorada falando
coa nai ou as amigas nun espazo interior, o que lle permite expresar con maior profundidade os estados
psicolóxicos da namorada.
Digades, filha, mía filha velida
por que tardastes na fontana fría.
Os amores ei
Digades, filha, mía filha louçana
por que tardastes na fría fontana.
Os amores ei
-
Tardei, mía madre, na fontana fría,
cervos do monte a augua volvían.
Os
amores ei....
Un terceiro grupo será o que se incorpora plenamente á estética trobadoresca, sentimentos da muller que responden ao amor cortés, poden perder o refrán, mesmo a estrutura paralelística. Estes modelos son máis urbanos e/ou do medio cortesán que os rurais. Uns e outros elementos poden e adoitan aparecer mesturados nunha mesma cantiga.
A continuación podedes escoitar, Leliadoura,
un exemplo destas cantigas máis influenciadas polo amor cortés na versión
moderna de Amancio Prada dunha cantiga de Pero Eanes Solaz, na que unha
namorada velida, é dicir "fermosa" non é capaz de durmir na espera do
seu amado:
Eu, velida, non dormia,
lelia doura,
e meu amigo venia,
edoi lelia doura!
Non dormia e cuidava,
lelia doura,
e meu amigo chegava,
edoi lelia doura!
O meu amigo venia,
lelia doura,
e d'amor tan ben dizia,
edoi lelia doura!
O meu amigo chegava,
lelia doura,
e d'amor tan ben cantava,
edoi lelia doura!
Muito desejei amigo,
lelia doura,
que vós tevesse comigo,
edoi lelia doura!
Muito desejei amado,
lelia doura,
que vós tevesse ao meu lado,
edoi lelia doura!
Leli, leli,
par Deus, leli,
lelia doura,
ben sei eu quen non diz leli,
edoi lelia doura!
Ben sei eu quen non diz leli,
lelia doura,
demo é quen non diz lelia,
edoi lelia doura!
LOCALIZA AGORA O LEIXAPRÉN:
Observa agora na seguinte cantiga de amigo un exemplo dun recurso tradicional de repetición moi frecuente: O leixaprén:
ACTIVIDADES
1- Proba a rematar ti a primeira cantiga: Mia
irmana fremosa, treides comigo... escribindo a súa cuarta estrofa usando a técnica do leixaprén (fíxate no
segundo verso da primeira estrofa que é igual ao primeiro verso da terceira, só
terás que repetir o segundo verso da segunda estrofa como primeiro da cuarta
estrofa e logo para o segundo verso buscar a rima e o paralelismo.
2- Rematar agora a segunda cantiga: Digades, filha, mía filha velida... imitando de novo os seus recursos de repetición: leixaprén e paralelismo.
3- Indica os espazos nos que se desenvolven
estas tres cantigas. En cal destas tres composicións ten máis relevancia? En cal
priman os sentimentos interiores sobre os espazos? Cal cres que ten maior contido
tradicional e cal maior contido
trobadoresco? Indica sempre o por qué.

Comentarios
Publicar un comentario