Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta AS LETRAS

BEGOÑA CAAMAÑO, AS LETRAS DO 2026

Imaxe
  Begoña Caamaño Rascado, naceu no barrio vigués do Calvario, o 14 de outubro de 1964. Publicou dúas obras de narrativa   Circe ou o pracer do azul  (2009) e   Morgana en Esmelle   (2012), editadas por Galaxia. Tras os estudos de Maxisterio e dedicouse ao xornalismo, traballando nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo, Radio Noroeste e na Radio Galega, emisora na que botou a andar, xunto a Rosa Martínez en 1990, o programa Trécolas. En 1992 incorporouse á redacción central da Radio Galega, en Santiago de Compostela, desenvolvendo tarefas de redactora nos servizos informativos e no Diario Cultural, dirixindo e presentando os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite.  Faleceu, aos 50 anos de idade, en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014.  A Real Academia Galega acordou, no Pleno Ordinario celebrado o 25 de xuño de 2025, dedicarlle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño a proposta dos membros da Academ...

LETRAS GALEGAS 2025: Por que mulleres? Que lles debemos ás nosas cantareiras?

Imaxe
  No ano 2025 a Real Academia Galega dedícalle este Día  das Letras ás pandeireteiras e a tradición oral popular, un conxunto de centos e miles de mulleres que habitualmente foron e son aínda anónimas, pero que a Academia decide singularizar en 6 cantareiras xa falecidas como son Rosa e Adolfina Casás, Eva Castiñeira e as pandeireteiras de Mens (Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García e Manuela Lema). Dalgún xeito se homenaxea ás que lograron manter viva a tradición oral de séculos ata os nosos días, que estando a piques de botarse a perder, como consecuencia de que se foi esmorecendo o mundo rural e labrego en gran medida.  Mais nos anos setenta e oitenta do século pasado o traballo de recolleitas e cancioneiros (especialmente o Cancioneiro de Dorothé Schubarth)  e a actividade recuperadora de grupos musicais e asociacións folclóricas fixo que cun carácter máis urbano a tradición oral siga viva na boca da mocidade e con novas fórmulas de dinamización, concertos...

LUÍSA VILLALTA

Imaxe
Poesía un ruído provocado, un rito de resistencia... ...todo o que conmove transforma.   Rosalía de Castro morreu un 15 de xullo, Luísa naceu un 15 de xullo, Luísa morreu con 46 anos de idade, dous menos que Rosalía que o fixo con 48.  Rosalía falou nos seus Cantares da aurora na Alborada e da Negra Sombra en Follas Novas , Luísa deixou escrito: Pensar é escuro como un muro de sombra inmerecida: doutro lado o sol, sempre ao outro lado, lonxe, infinitamente lonxe desta xanela á que rebota estremecida a confusión que por min padece o ar e as ausencias que proxecto como sombras dalgún min que eu  non decido. Pensar, pensar como en lexión de criaturas espantosas que arrebatan as explicacións máis simples de loucura. E é así porque a razón é tráxica, como tráxico é calquer fin último, calquer destino ao que se aboca a vida.  Luísa Villalta Gómez Imos comezar a súa biografía cos sete nomes que propón SETESTRELO :  Este vídeo sobre o seu concepto da creacción pode axu...