Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

A Galicia , Francisco Añón

Imaxe
  Álbum de la Caridad .  Juegos Florales de La Coruña  en 1861 . [1]                                      Airiños d'a miña terra,                                      airiños, airiños, aires                                      airiños, levám'a ela.                                                                    Balada          Ay esperta, adorada Galicia,     D'ese sono en q'estás debruzada;     D'o teu rico porvir a alborada     Po-l'o Ceo enxergándose vay.          Xa cantando os teus fillos te chaman,     E c'os brazos en cruz se espreguizan...     Malpocados! O q'eles cobizan     É un bico d'os labios d'a Nay.                         ----------          D'ese chan venturoso arrincado     Pol'a man d'o meu negro destino,     Hastra mesmo soñando maxino     Eses campos risoños cruzar.          E correr po-l'as hortas e prados,     Onde leda pasou miña infancia,     Respirando a suave fragancia     De xasmin, caravel, azahar.

PLAN LECTOR: O AXOLOTE e OUTROS RELATOS DE LARA DOPAZO

Imaxe
 Imos ler un libro de realatos de Lra dopazo titulado  O axolote e outros relatos...  Estamos tentando quedar coa autora. Seguro que para cando teñamos lida a obra teremos ocasión de falar con ela. Este libro levou o Premio Illa Nova.  O xurado destacou as múltiples lecturas do texto, que considera "un conxunto de relatos orixinais, diversos e de grande altura estética". Tamén subliñou o valioso de introducir ambientacións doutras latitudes alleas á galega e do poder do lendario e simbólico.  

PRECURSORES DO REXURDIMENTO (II)

Imaxe
  CAUSAS QUE PROVOCAN O REXURDIMENTO O Rexurdimento foi consecuencia dunha serie de factores que se van dar principalmente no século XIX en Galicia: - A influencia dos Ilustrados , especialmente Sarmiento e os seus escritos na defensa do galego, mesmo ao crear un modelo de literatura contemporánea coas súas 1200 coplas. - A repercusión da Guerra da Independencia que vai provocar unha firme conciencia de pobo que precisaba o autogoberno. - A difusión en prensa dos postulados políticos do liberalismo,  fronte ao absolutismo centralista, descentralización e defensa das peculiaridades de Galicia. - As ideas do romanticismo movemento que se estende por toda Europa exaltando a liberdade e as culturas autóctonas. Temos que ter en conta que o ambiente intelectual de Galicia nace co Provincialismo politicamente falando, pero como consecuencia da represión exercida (o fusilamento dos mártires de Carral 1846) produciuse un desprazamento das reivindicacións cara ao terreo da cultura