Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta UNIDADE CERO

NO CAMIÑO, A EMPATÍA (Unidade 0. Curso 2026/27)

Imaxe
  Algunha vez te preguntaches por que vivimos en sociedade? Por que o ser humano non pode vivir aillado e de costas ao outro? Cal é a clave para vivir en colectivo?  A resposta está na identidade.         Nesa procura do eu que comeza mesmo ao nacer, hai un camiño constante que nos vai descubrindo o mundo aos poucos, un mundo tan complexo e diverso que sempre haberá alguén alleo ao que achegarnos. Nese camiñar , por forza, caemos na conta de que a diversidade nos fai humanos e deste xeito axiña pasamos de estar na Casa a construír na paisaxe a nosa Terra, en base a nosa lingua, cultura e historia, unha personalidade na que o orixinal do nós , da nosa forma de ser nos abre as portas da universalidade. Trátase dun camiñar incesante e intrincado, intelixente e audaz no que se fai imprescindible practicar a empatía .   Liberarse dos prexuízos cara aos demais implica saber mellor quen somos e ser empáticos tanto cun mesmo como con calquera distinto a n...

UNIDADE 0/ Traballo de investigación: O primeiro espertar cultural da Gallaecia (I)

Imaxe
Un primeiro traballo para indagar e non amortecer nin minguar: Partimos do concepto da Gallaecia imos afondar nun total de dez fitos nos que construír un achegamento a todo un cúmulo de circunstancias e personaxes que nos axuden a entender este período duns 2000 anos nos que pasamos da prehistoria e do mito á historia tirando do idioma do Imperio, é dicir, de Roma. Imos usar nomes de personaxes ou acontecementos sobre os que asentar a nosa memoria sobre os galaicos, ese pobo entre dous mundos (Atlántico e Mediterráneo) da Prehistoria:  Comezamos por BREOGÁN e ITH unha achega mitolóxica,  reparar por outro lado a idea da nosa terra GALLAECIA como FINISTERRAE (a fin do mundo para gregos, romanos e celtas).    Logo unha entre mitolóxica e histórica o primeiro contacto con Roma, DÉCIMO XUÑO BRUTO, O GALAICO e o RÍO DO ESQUECEMENTO. Unha reflexión sobre a resistencia contra o invasor O MONS MEDULIO. Pasar logo ao proceso de Latinización con latín escrito desde Gallaecia: ...

A MEMORIA DE NOSO (I): Para que temos a memoria?

Imaxe
Yolanda Castaño diante dunha imaxe de Rosalía de Castro        A memoria é unha capacidade altamente humana asociada á educación, unha ferramenta da que a humanidade sempre se soubo servir para progresar. Mais o progreso precisa saber usar esa faceta da nosa identidade que é quen de construír un futuro mellor. A memoria é cultura e a cultura ensina, sobre todo, a cuestionar as cousas, algo que coa ignorancia, xa non digamos coa necidade e desprovistos da memoria non sería posible. O espírito crítico é polo tanto unha das herdanzas máis necesarias asociadas á memoria.  De feito a crítica nace do coñecemento e, en especial, da discusión sobre o coñecido, o interese por superar os erros do pasado e despois de aprender dese mesmo pasado. Imaxinar e soñar o futuro é algo tamén moi humano. Exerzamos de seres humanos, de persoas con memoria e educación, con coñecementos e espírito crítico, de formación para o futuro co que soñamos.      A nosa adolescen...

A LINGUA UN DEREITO PARA SER ORIXINAL, UNIVERSAL E VERDADEIRA/0.

Imaxe
Mapa do Reino Suevo de Gallaecia, primeiro reino medieval de Europa (século VI) TEXTO 1 do libro de CASTELAO, Sempre en Galiza AS LINGUAS SON AS QUE NOS FAN HUMANOS Algúns homes   -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente.             Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? P...

FALA E LINGUA

Imaxe
  Botándolle unha mirada a nosa ría e segundo co lema deste curso:    A ría da existencia.   Imos reflexionar desde outro punto de  encontro entre o mar e a terra que nos define, que nos outorga carácter e identidade. O ser humano precisa dunha terra e polo tanto da paisaxe para crear unha cultura. A nosa cultura e a nosa lingua está intimamente unida á paisaxe onde vivimos. Logo o mar, a ría son esenciais para podernos interrogar sobre nós mesmos, para coñecermos mellor.    Escoita atentamente este dous vídeos:  1- Unha vez que viches os dous vídeos cres que a lingua que falamos no Morrazo está ligada ao mar e as rías nas que vivimos? 2- Cres que falan distinto noutras comarcas de Galicia? Por que cres que se producen estas diferenzas? 3- En que e diferenza o galego normativo e o galego do Morrazo? 4- Pensas que é unha riqueza ou que pola contra resulta un inconveniente o feito de que existan estas variantes dialectais do galego?  ...

A RÍA DA EXISTENCIA: Eu tamén navegar.

Imaxe
  A RÍA DA EXISTENCIA: EU TAMÉN NAVEGAR Benvidas/os ao curso 2024-25. Comezamos  coma sempre presnetando o lema deste ano: A Ría da existencia.  A ría de Marín é a nosa ría, o que nos confire personalidade no seo dun pobo das rías e dun país que alguén chamou os mil ríos.  O mar outórganos carácter e ofrécenos un xeito de vivir sobre o que imos reflexionar ao longo do curso, algo que servirá para coñecermos mellor e responder ás preguntas que durante varios anos nos fixemos e agora xa estamos en condicións de contestar.     Escollemos catro textos de distintas épocas representativos da nosa cultura e o mar para establecer semellanzas e diferenzas, coa idea de comentalas e poñelas en común para poder tirar algunha conclusión neste limiar do curso. De Martín Códax.   Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? e ai Deus, se verrá cedo?      Ondas do mar levado, 5     se vistes meu amado?     ...