UNIDADE 0/ Traballo de investigación: O primeiro espertar cultural da Gallaecia (I)
Un primeiro traballo para indagar e non amortecer nin minguar: Partimos do concepto da Gallaecia imos afondar nun total de dez fitos nos que construír un achegamento a todo un cúmulo de circunstancias e personaxes que nos axuden a entender este período duns 2000 anos nos que pasamos da prehistoria e do mito á historia tirando do idioma do Imperio, é dicir, de Roma.
Imos usar nomes de personaxes ou acontecementos sobre os que asentar a nosa memoria sobre os galaicos, ese pobo entre dous mundos (Atlántico e Mediterráneo) da Prehistoria:
Comezamos por BREOGÁN e ITH unha achega mitolóxica,
reparar por outro lado a idea da nosa terra GALLAECIA como FINISTERRAE (a fin do mundo para gregos, romanos e celtas).
Logo unha entre mitolóxica e histórica o primeiro contacto con Roma, DÉCIMO XUÑO BRUTO, O GALAICO e o RÍO DO ESQUECEMENTO.
Unha reflexión sobre a resistencia contra o invasor O MONS MEDULIO.

Comentarios
Publicar un comentario