PRECURSORES DO REXURDIMENTO
PRECURSORES Sarmiento, é un precursor do Rexurdimento? Xoán Manuel Pintos aportes ao Rexurdimento deste autor. Antonio Fernández Morales, un precusor do Bierzo. Francisco Añón, un caso particular. Os Xogos Florais da Coruña de 1861: 1861.- Celébranse no Teatro Principal da Coruña (hoxe Teatro Rosalía de Castro) os primeiros Xogos Florais que constituíron un punto de arranque do Rexurdimento literario da lingua galega. Organizados por Juana de Vega, condesa de Espoz e Mina, e Benito Vicetto seguindo o exemplo dos Jocs Florais celebrados en Cataluña dous anos antes a imitación dos ocitanos, os galegos foron custeados por José Pascual López Corton. O premio da Flor Natural quedou deserto, pero sería outorgado a Francisco Añón o primeiro accésit ao premio da flor natural, como autor da composición: A Galicia, enviado baixo a seguinte lema: Airiños d’a miña terra, airiños, airiños, aires, airiños, levám’ á ela, único traballo en galego entre os premiados. En todo caso, e m...