PRECURSORES DO REXURDIMENTO
PRECURSORES
Sarmiento, é un precursor do Rexurdimento?
Xoán Manuel Pintos aportes ao Rexurdimento deste autor.
Antonio Fernández Morales, un precusor do Bierzo.
Francisco Añón, un caso particular.
Os Xogos Florais da Coruña de 1861:
1861.- Celébranse no Teatro Principal da Coruña (hoxe Teatro Rosalía de Castro) os primeiros Xogos Florais que constituíron un punto de arranque do Rexurdimento literario da lingua galega. Organizados por Juana de Vega, condesa de Espoz e Mina, e Benito Vicetto seguindo o exemplo dos Jocs Florais celebrados en Cataluña dous anos antes a imitación dos ocitanos, os galegos foron custeados por José Pascual López Corton. O premio da Flor Natural quedou deserto, pero sería outorgado a Francisco Añón o primeiro accésit ao premio da flor natural, como autor da composición: A Galicia, enviado baixo a seguinte lema: Airiños d’a miña terra, airiños, airiños, aires, airiños, levám’ á ela, único traballo en galego entre os premiados.
En todo caso, e máis aló da propia velada literaria e musical –con composicións galegas aínda que de non moi acertada elección segundo algún crítico- e de exaltación do idioma propio ao longo de todo o acto, o verdadeiramente relevante, o que marcou o punto de arranque dese Rexurdimento foi a publicación, ao ano seguinte, dos poemas premiados e que constitúen o punto de inicio dese renacer da lingua propia.
Fueron editados baixo o explícito título Álbum de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos. Unha publicación alentada por Antonio de la Iglesia González, un dos principais artífices do referido torneo lírico, e sufragados, como o propio festival, polo mecenado do citado López Cortón, e que contiña unha antoloxía da poesía galega e castelá da época, en prosa e verso, abrindo camiño aos máis coñecidos precursores que haberían de levar a lírica da primeira metade do S. XIX ao seu maior prestixio, ao ser continuada polos grandes nomes do Rexurdimento.
Corenta días máis tarde, o 11 de agosto de 1861, celebraríanse en Pontevedra os seus propios Xogos Florais, presididos por Marcial Valladares e nos que tamén fixeron uso da palabra Antolín Esperón e Luis Rodríguez Seoane. Entre os premiados, destaca A noite de San Xoán, do pontevedrés Francisco Fernández Anciles.
En Compostela, houbo que esperar ao 29 de xullo de 1875 para a celebración dunha nova edición das xustas literarias. No acto interviñeron destacadas figuras das letras galegas como Manuel Martínez Murguía, Valentín Lamas Carvajal ou Salvador Golpe Varela. No certame premiouse a obra poética Á ría de Arosa, da que era autor Ramón María del Valle-Inclán e Bermúdez, pai do xenio das letras Valle Inclán.
Comentarios
Publicar un comentario