NO CAMIÑO, A EMPATÍA (II) Unha panorámica da historia da nosa lingua ben distinta (Traballo de investigación e creación da Unidade 0)
Trátase de elaborar un traballo de investigación e creacción no que se desenvolvan os seguintes cinco temas atendendo á cronoloxía indicada e ás fontes de información que se ofrecen que cada quen elaborará individualmente e segudo entenda. A MOURA (Tradicion oral desde a Prehistoria) Substrato da nosa cultura. EXERIA (Primeiro espertar cultural da Gallaecia en Latin) Latinización. (Podes ver o seguinte vídeo a partir aprox. do minuto 2:22:30 ata 3.12. 00) ou visitar a seguinte publicación ) URRACA (As dificultades dunha das primeiras raíñas de Europa que gobernou en Galicia) Tras do nacemento do Galego, no limiar do esplendor medieval. AS MULLERES ANÓNIMAS CANTORAS DOS SÉCULOS ESCUROS: Procurar información sobre a tradición oral como sostén da nosa cultura a través dos tempos. Documental sobre as cantareiras ROSALÍA DE CASTRO (A imaxe universal dunha Galicia contemporánea e culta) Rexurdimento. AS TANXUGUEIRAS, YOLANDA CASTAÑO e outras voces (escritoras e cantare...