DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO AO DÍA DAS LETRAS DE BEGOÑA CAAMAÑO


Despois de ler o texto introdutorio faremos un breve comentario do texto de Rosalía de Castro: 

DE ROSALÍA A BEGOÑA CAAMAÑO 

Xigantescos olmos, mirtos
que brancas frores ostentan,
unhas con cogollos inda,
outras que o vento esfollea;
buxos que xa contan sigros
e que xuntos verdeguean
formando de rama e troncos
valos que naide atravesa,
e nos que moi descansadas
fan o seu niño as culebras;
loureiros irmáns dos buxos
pola altura i a nacenza,
pois arraigaron a un tempo
no máis profundo da terra;
limoeiros e laranxos
qu'o verde musgo sombrean
i olido esparcen d'azare
con que a xente se recrea;
eternos bosques en donde
sombrío misterio reina,
onde só os paxaros cruzan
polas tristes alamedas
onde ó marmular as fontes
un coidara que se queixan,
i ond'o mesmo sol do estío
melancólico penetra;
i en medio desta espesura
e desta hermosa tristeza,
nunha casa inda máis triste,
si de fachada soberba,
alí din que ten o niño
a nai de tódalas meigas:
casa con portas de cedro,
en cada ventana reixa,
cociña coma de monxes,
silencio coma d'igrexa,
criados que non dan fala,
cans que morden como feras.
Alí a viron negra e fraca
com'unha gata famenta,
no máis san e máis frorido
da hermosa terra gallega.
I estes mals que nos afrixen
din que todos veñen dela...
¡Mais socede nesta vida
que os que tén culpa n'a levan!

Rosalía de Castro, Follas novas

Comentario deste texto a partir dunha análise da intención coa que Rosalía escribe este poema (tema), analizando os seus principais recursos estilísticos (localizar un mínimo de dez recursos esenciais no poema e a súa relación tanto co ton. como co ritmo do mesmo


UNHA DUCIA DE MANEIRAS DE CELEBRAR O NACEMENTO DE ROSALÍA

Localizar o poema titulado XAN de Follas Novas, tamén de Rosalía para facer o seguinte:  

1-Comentario do texto a partir dunha análise da intención coa que Rosalía escribe este poema (tema), analizando os seus principais recursos estilísticos (localizar un mínimo de dez recursos esenciais no poema e a súa relación tanto co ton. como co ritmo do mesmo. 


XAN


Xan vai coller leña ó monte,

Xan vai a compoñer cestos,

Xan vai a poda-las viñas,

Xan vai a apaña-lo esterco,

e leva o fol ó muíño,                                  5

e trai o estrume ó cortello,

e vai á fonte por auga,

e vaa á misa cos nenos,

e fai o leito io caldo.

Xan, en fin, é un Xan compreto,                 10

desos qu'a cada muller

lle conviña un polo menos,

pero cand'un busca un Xan,

casi sempre atopa un Pedro.


Pepa, a afertunada Pepa,                               15

muller do Xan que sabemos,

mentres seu home traballa,

ela lava os pés no rego,

cátall'as pulgas ó gato,

peitea os longos cabelos,                                20

bótalle millo ás galiñas,

marmura co irmán do crego,

mira s'hai ovos no niño,

bota un ollo ós mazanceiros

e lambe a nata do leite,                                   25

e si pode bota un neto

ca comadre, qu'agachado

traillo embaixo do mantelo.

E cando Xan pola noite

chega cansado e famento,                               30

ela x'o espera entr'as mantas,

e ó velo entrar dille quedo:

-Por Dios non barulles moito,

que m'estou mesmo morrendo.

-¿Pois que tes, ña mulleriña?                           35

-¿Que hei de ter? Deita eses nenos,

qu'esta madre roe en min

cal roe un can nun codelo,

i ó cabo ha de dar comigo

nos terrós do simiterio...                                   40

-Pois, ña Pepa, toma un trago

de resolio qu'aquí teño,

e durme, ña mulleriña,

mentres os meniños deito.


De bágoas s'enchen os ollos                              45

de Xan ó ver tales feitos;

mas non temás, qu'antre mil

n'hai máis qu'un anxo antr'os demos;

n'hai máis qu'un atormentado

antre mil que dan tormentos.                            50


(Do libro de Follas Novas  de Rosalía de Castro)


ACTIVIDADES DE COMUNICACIÓN, LITERATURA, LINGUA E SOCIEDADE

1ª Que cres que nos quere dicir Rosalía con este poema?

Denuncia ou expresa un sentimento de critica ante  a desigualdade entre homes e mulleres con ironía. Rosalía describe unha situación totalmente contraria á que se daba en realidade na súa época entre homes e mulleres. Por iso é considerada unha poeta claramente protofeminista. 

Repara no que consiste este recurso literario da ironía: Expresar ou dar a entender o contrario do que se di expresamente (normalmente se axuda coa entoación).


2ª Imos falar un pouco doutros recursos que utiliza Rosalía neste poema para reforzar a ironía

Busca no poema os seguintes recursos:

Semánticos (que procura expresar o contido e intencón ou ton do texto)

Metáfora (identificación de dous conceptos)

Antítese (contraposición)

Hipérbole (esaxeración)

Enunciación (acumulación de accións ou substantivos)

Símil (comparación)

Metonimia (unha parte polo todo)


 Recursos gramaticais ou formais que provocan ritmo):

Paralelismo (repetir a estrutura dun verso)

Anáfora (repeticion duha ou máis palabras)

Polisíndeton (moitas conxuncións)


3ª Finalmente imos poñer en relación a intención ou o tema do poemas cos recursos e contexto social e literario de Rosalía:

Está moi claro que a intención de Rosalía neste poema é a de realizar unha crítica sutil ao machismo e as desigualdades da época a través deste texto irónico.  Fálanos dun home bo, Xan, que como ela di "deses que a cada muller lle conviña un polo menos. Pero cando un busca un Xan, casi sempre atopa un Pedro. Subliña así o seu interese especial pola muller como suxeito protagonista de muitos dos seus poemas.  Ademais deixa na última estrofa un certo sabor amargo relacionado coa denuncia da violencia de xénero ao lembrar que "anxo atormentado" hai un, pero lamentablemente son mil "os demos que dan tormentos". Convértese deste xeito Rosalía nunha defensora da igualdade, é dicir, un referente mesmo  na actualidade da loita feminista. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA

CONTIDOS DA 1ª AVALIACiÓN