CONTIDOS 3ª Avaliación
Nesta avaliación temos que meternos de cheo na etapa denominada tradicionalmente Rexurdimento. En concreto: Sarmiento e os Precursores, Rosalía e os autores posteriores, (especialmente Pondal da Unidade 12 e Curros da Unidade 13) que serán obxecto dunha actividade de comentario de textos posterior á proba escrita, na mentras que nesta proba analizaremos temáticas e estilo destes autores por contraste a través de pequenos textos seleccionados.
Lembra logo que os autores dos comentarios que vaiamos facendo se irán sumando como materia avaliable (falamos de Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal)
A literatura do XIX. De 1808 a 1863. Precursores (Unidade 10) páx. 244- 251
Precursores do Rexurdimento no blog.
A Galicia! de Francisco Añón.
Rosalía de Castro (Unidade 11) páx. 274-279
O prólogo dos Cantares no blog
Estrutura e Temáticas dos Cantares no blog.
Follas Novas. Dúas palabras da autora no blog.
Das Follas Novas (temáticas) no blog.
Eduardo Pondal páx. 294-299
Manuel Curros Enríquez páx. 314-319
DÍA DAS LETRAS: 2025 As cantareiras e a tradición oral popular. Sobre a que deberemos responder á seguintes preguntas. Por que as mulleres? Que lles debemos ás pandeireteiras?
GRAMÁTICA:
Repaso de pronomes persoais átonos.
Os verbos irregulares en galego no apéndice verbal páx. 354-359
Para quen prefira consultalo nunha páxina da ESO
PLAN LECTOR (realizaremosmos unha derradeira lectura na aula sobre o texto CRIATURAS de Roberto Vidal Bolaño e unha proba escrita independente sobre a mesma despois de visualizar a Exposición dedicada ao autor na Biblioteca do noso Centro)
O Axolote e outros relatos de Lara Dopazo.
Comentarios
Publicar un comentario