LUÍSA VILLALTA



Poesía un ruído provocado, un rito de resistencia...


...todo o que conmove transforma.


 
Rosalía de Castro morreu un 15 de xullo, Luísa naceu un 15 de xullo, Luísa morreu con 46 anos de idade, dous menos que Rosalía que o fixo con 48. 

Rosalía falou nos seus Cantares da aurora na Alborada e da Negra Sombra en Follas Novas, Luísa deixou escrito:

Pensar é escuro
como un muro de sombra inmerecida:
doutro lado o sol, sempre ao outro lado,
lonxe, infinitamente lonxe
desta xanela á que rebota estremecida
a confusión que por min padece o ar
e as ausencias que proxecto como sombras
dalgún min que eu  non decido.

Pensar, pensar como en lexión
de criaturas espantosas que arrebatan
as explicacións máis simples de loucura.
E é así porque a razón é tráxica,
como tráxico é calquer fin último,
calquer destino ao que se aboca a vida. 

Luísa Villalta Gómez


Imos comezar a súa biografía cos sete nomes que propón SETESTRELO


Este vídeo sobre o seu concepto da creacción pode axudarte:  Música e poesía:


 Podes ler e tomar notas nos 10 paneis desta EXPOSICIÓN PDF

 ELABORA  TI: Agora tócache elaborar a túa propia biografía, a túa. 



Podes engadir tamén versos e textos da autora para ler e pensar:



“Nacín enfronte de min mesma

cando a Pescadería era un leito de sereas”

 

“E falo tamén dos xardíns que organizan estratexias

para que a nena que aínda teño de chegar a ser

desconfíe dos lugares abertos

que non teñen saída...”

 

“Faga o que faga algo me lembra sempre que son unha muller”

 

"Mírame, mírate, mírame en ti

e escólleme para soñarte".

 

“Destes nosos corpos, o único que somos”

 

“A inmensidade do espazo que temos para voar”

 

"O feminismo ten un campo de análise e actuación renovado na medida en que parte da súa mensaxe está a ser reutilizada como un novo meio de aclimatar unha nova feminidade, isto é, mudar o necesario para que nada mude.”

 

“Desta idade media burguesa que me separa do coñecimento e intenta dirixirme á trapela do bon gosto”.

 

“Formalmente libres pero substancialmente impotentes até a exasperación”

 

“O estado de conciencia a que me refiro parte en min da interpretación musical (...) A melodía que soa no violino xorde dun acto continuo da vontade (...) Desta mesma vontade nace a palabra”.

 

“Un día saín do meu violino, lembro, e enxordecín a escala da corda por lle facer nós de palabras que me permitisen baixar aos camiños”.

 

“Baixei os sonidos ao silencio da necesidade e púxenme a escoitar.

Quixen traer a poesía ao chan e edificar a memoria de promisión de que falan

os soñadores corazóns que me rodean na Historia.

Procurei a concreción.”

 

“Restituír a primitiva unidade da música e a poesía desenvolvendo un punto de vista inédito na interpretación dos textos literarios”

 

“Ao outro lado da música, a poesía”

 

“Haberá poesía en que salvar-se?”

 

 “Isto é poesía, un ruído provocado”

“Isto é tamén unha muller que resiste”

 

"Escoito a voz

que me silencia:

comezo a expresar

o necesario"

 

“Abrir ao futuro o reino que un día perdemos”

 

“Sempre o teatro á procura da verdade”

 

“O exterior

baila nas sombras”

 

S A T O R

A R E P O

T E N E T

O P E R A

R O T A S


Se toda a nosa historia fose así, un construír, máis que un acumular, fragmentar e derrubar, se cada unha das nosas actuacións fosen un continuo cimentar máis que un utilizar e desgastar, gozaríamos da vida nun país seguro de si mesmo, acolledor, criativo e orgulloso.

 

A presente histamina primaveral contra un poder abusón non dá para unha revolución. Pero aí está tamén para que serven os libros, para levar as contas pendentes, para poñer ao ar as feridas.

 

E ficaremos sós

mar e siléncio.

Cando a noite me veña desvendar

con amor prometido e demorado

estes ollos que ollaron tanto nada,

as follas que caíron ao meu pé

serán pisadas.

E a auséncia cumprirá o seu oráculo

cando a noite sexa o fundo,

cando o mesmo mar a noite,

e o siléncio

diga a última palabra.

 

 

"Así vou eu

formando parte

Non me abandono e formo parte".

 

 



 PARA  QUEN  AFONDA:   BIOGRAFíA DA RAG  Podes afondar máis na biografía que Ana Romaní realizou para a Academia.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación

CONTIDOS DA 1ª AVALIACiÓN

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA