BEGOÑA CAAMAÑO, AS LETRAS DO 2026


 Begoña Caamaño Rascado, naceu no barrio vigués do Calvario, o 14 de outubro de 1964. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), editadas por Galaxia.

Rematou os estudos de Maxisterio e dedicouse ao xornalismo, traballando nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo, Radio Noroeste e na Radio Galega, emisora na que botou a andar, xunto a Rosa Martínez en 1990, o programa Trécolas. En 1992 incorporouse á redacción central da Radio Galega, en Santiago de Compostela, desenvolvendo tarefas de redactora nos servizos informativos e no Diario Cultural, dirixindo e presentando os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite. 

Faleceu, aos 50 anos de idade, en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014. 

A Real Academia Galega acordou, no Pleno Ordinario celebrado o 25 de xuño de 2025, dedicarlle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño a proposta dos membros da Academia Ana Romaní, Marilar Aleixandre, María López, Margarita Ledo, Chus Pato e Francisco Fernández.


TVUVIGO Reportaxe




ACTIVIDADES


DA MITOLOXÍA GREGA: PARA COÑECER A CIRCE


1-Procura o argumento da Odisea de Homero, un libro considerado a primeira novela da literatura occidental. 


2-Cantas mulleres aparecen citadas no argumento que acabas de atopar? Begoña Caamaño vai realizar polo súa profunda conviccion feminista de colocar nun primeiro plano, como as protagonistas absolutas da súa narrativa, a partir daquelas mulleres ás que Homero retratara na Grecia Antiga de hai 2600 anos. O reto era grande e o resultado foi marabilloso. 


RESUMO DA TRAMA DA NOVELA: Circe ou o pracer do azul


...Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a problable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, dunha muller misteriosa que a informa que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. a partir de aí  vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres...


3- Quen son, como se chaman, estas dúas mulleres? 


4- Que nos contan os mitos gregos e como chegaron ata nós estas dúas mulleres? 



 Que atoparemos nesta novela:  Ademais dunha recreación fiel ao mito homérico,  grazas a estas mulleres da mitoloxía grega podemos: 


Saber do amor dunha deusa e dunha meiga que reside na Illa de Ea...


 Saber do amor dunha mortal que se cre viúva na illade ïtaca...


 Coñecer os deberes dunha esposa e raíña ante a ausencia do seu home daquela...


Percatarse da presión dos pretendentes a casar coa raíña ...


Saber dos deberes que derican da súa maternidade...


A presión que exerce sobre ela a nai do rei ausente...


5- Como pode tecer unha sólida amizade entre a deusa e a raíña nunha lectura do mito antigo moi, pero que moi do noso tempo...? Un recreación sorprendente. 


Saber do concepto do amor en ambas


Saber da perspectiva do regreso a Ítaca do seu rei...


Circe a deusa permite partir ao seu amante... 




6- Investíga quen son Telémaco Τηλέμαχος Têlémakhos, traducido como "distante combatiente e Τηλέγονος Têlégonos, ‘nacido lonxe’)


....Estou preñada de Ulises, miña señora! Hai xa dúas semanas que o menstrou non acode á súa puntualcita. Tampouco non facían falta estes atrasos. Desde o primeiro momento fun consciente da miñagravidez. e sei ademais que é un home, un pequeno Ulises, este si froito do amor e cuxa chegada ao mndo agardo con alegre impaciencia, non s´por canto ha de supor de ledicia e de mingua da miña dor pola ausencia do seu pai, o meu ben amado, senón tamén para comprobar se eu, divindade matriarcal, son capaz de educar un home de xeito  tan diferente que poida renacer en todas nós a esperanza do regreso aos tempos onde as mulleres, deusas ou mortais, non eramos asoballadas e desprezadas....


7- Quen está falando así ao final da novela? Quen será este fillo que espera?


8- Como era a Penélope da literatura galega ata chegar á Penélope de Begoña Caamaño? 


 Pequeno traballo de investigación: Da Penélope de Rosalia de Castro á Penélope de Begoña Caamaño, pasando pola de Xosé Díaz Castro  e  a de Xohana Torres.  

Comentarios

Publicacións populares deste blog

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA

CONTIDOS DA 1ª AVALIACiÓN

CONTIDOS 3ª Avaliación