A RÍA DA EXISTENCIA: Eu tamén navegar.
A RÍA DA EXISTENCIA: EU TAMÉN NAVEGAR
Benvidas/os ao curso 2024-25. Comezamos coma sempre presnetando o lema deste ano: A Ría da existencia.
A ría de Marín é a nosa ría, o que nos confire personalidade no seo dun pobo das rías e dun país que alguén chamou os mil ríos. O mar outórganos carácter e ofrécenos un xeito de vivir sobre o que imos reflexionar ao longo do curso, algo que servirá para coñecermos mellor e responder ás preguntas que durante varios anos nos fixemos e agora xa estamos en condicións de contestar.
Escollemos catro textos de distintas épocas representativos da nosa cultura e o mar para establecer semellanzas e diferenzas, coa idea de comentalas e poñelas en común para poder tirar algunha conclusión neste limiar do curso.
De Martín Códax.
Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
e ai Deus, se verrá cedo?
Ondas
do mar levado,
5 se
vistes meu amado?
e
ai Deus, se verrá cedo?
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
e
ai Deus, se verrá cedo?
10 Se
vistes meu amado,
o por que hei gram coidado?
e
ai Deus, se verrá cedo?
Na tradición oral
O mar tamén é casado,
o mar tamén ten muller
é casadiño coa area,
dálle bicos cando quer.
Para ser bon mariñeiro
hai que nacer en Marín,
que dalí son os millores,
de cantos eu coñecín.
De Rosalía de Castro
COMO Penélope:
Pero eu no recuncho
máis escondido
e tamén máis fermoso
da terra,
sen esperar a
Ulises,
que o noso naufragou
na tormenta,
semellante a
Penélope
tezo e destezo sen
cesar a miña tea,
pensando que esta é
do destino humano
a incansable tarefa,
e que agora subindo,
agora baixando,
unhas veces con luz
e outras a cegas,
cumprimos os nosos
días e chegamos
máis tarde ou máis
temperán á ribeira.
De Xohana Torres
DECLARA o oráculo:
«QUE á banda do
solpor é mar de mortos,
incerta, última
luz, non terás medo.
QUE ramos de loureiro erguen rapazas.
QUE cor malva se decide o acio.
QUE acades disas
patrias a vindima.
QUE amaine o vento,
beberás o viño.
QUE sereas sen voz a vela embaten.
QUE un sumario de
xerfa polos cons.”
Así falou Penélope:
“Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo
e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR.»
1- O mar está presente nestes catro textos. Analiza a funcionalidade que ten en cada texto.
2- De que tema tratan?
3- Identifica as persoas ás que se alude e fíxate no papel desas persoas (home- muller) en cada texto.
4- Saberías dicir en que época estan escritos?
5- Establece as semellanzas e diferenzas pertinentes entre eles.

Comentarios
Publicar un comentario