Comentamos unha Cantiga Medieval?
Non chegou, madre, o meu amigo,
e hoj'ést'o prazo saído!
ai, madre, moiro d'amor!
Non chegou, madre o meu amado
e hoj'ést'o prazo passado!
ai, madre, moiro d'amor!
E hoj'ést'o prazo saído!
Por que mentiu o desmentido?
ai, madre, moiro d'amor!
E hoj'ést'o prazo passado!
Por que mentiu o perjurado?
ai, madre, moiro d'amor!
Por que mentiu o desmentido
pesa-mi, pois per si é falido.
ai, madre, moiro d'amor!
Por que mentiu o perjurado
pesa-mi, pois mentiu a seu grado.
ai, madre, moiro d'amor.
D. Dinis.
Lembrar que aquelas cantigas de amigo que expresan en espazos domésticos a condición ou estado físico e anímico da namorada (velida, louçana/ coitada, en gran desejo...) son trazos de carácter trobadorescos ou provenzalizantes.
Tamén hai que ter en conta a presenza ou non de recursos literarios como o refrán, o paralelismo, o leixaprén que sendo trazos tradicionais, poden estar máis ou menos presentes e mesmo desaparecer implicando unha maior influencia do trobadorismo.

Comentarios
Publicar un comentario