AS VARIEDADES DA LINGUA: A FALA

 


A linguaxe humana como ben expresou Castelao adquire unha concreción  en cada sociedade ou comunidade humana, polo tanto  diferénzase doutras por presentar unha diversidade lingüística e cultural que provoca a existencia de máis de 5000 linguas no mundo. O galego é unha delas que está dentro dun privilexiado 5% de linguas que ten máis dun millón de falantes. 

Por outro lado a lingua galega presenta unha serie de trazos lingüísticos que a diferenzan doutras linguas, unha especie de esqueleto que soporta un corpo de expresións ou fenómenos concretos da lingua que podemos denominar fala, a versión visible dese esqueleto. A fala é a expresión natural da lingua, a diversidade intenbna que existe en cada lingua. A gramática polo tanto presenta sempre unha variedade lingüística que son as diferentes formas de falar.

Logo está a competencia que ten cada falante, hai unha competencia activa, é dicir, o uso que fai cada persoa da lingua á hora de falar e unha competencia pasiva, que é a súa capacidade para entender as distintas variedades que usan as persoas que falan a nosa lingua. 

Logo unha lingua como a galega presenta unha variedade escrita común que axuda a identificar o idioma que falamos, existe grazas a esta e outros trazos un sentimento de unidade lingüística entre os seus falantes. 

A limgua estándar é polas súas funcións, a variedade de maior prestixio nunha comunidade, asociados a falantes instruídos e a situacións formais. Mais existe a oralidade, a expresión oral que resulta unha expresión distinta, menos ríxida da lingua. As diferenzas entre a escrita, esa lingua estándar e as variedades faladas débense pois a diferenzas contextuais. 


AS VARIEDADES LINGÜÍSTICAS

As variedades internas que presentan todas linguas responden a aspectos como son:

 A xeografía ou territorios onde se fala esa lingua. Son as variantes diatópicas ou dialectos.

O grupo social á que pentence un/unha falante. Son as variedades disatráticas ou sociolectos.

O tipo de situacións ou persoas ás que nos diriximos. Son as variedades diafásicas ou rexistros.


AS VARIEDADES DIALECTAIS OU XEOGRÁFICAS DA NOSA LINGUA

    


Na rede: As variedades lingüísticas

ACTIVIDADES: 

1- Ler o que o noso libro di sobre este tema das variedades lingüísticas.

2- Localizar a través da rede o territorio no que se usan a gheada, o seseo, e outros 8 trazos ou variantes dialectais, por exemplo na entrada da galipedia. Procura explicar a partir do mapa lingüístico as isoglosas en función dos distintos bloques dialectais galegos e establecendo un contraste coa lingua estándar ou galego común. 

3. Cales son os tres trazos lingüísticos principais que nos serven para diferenciar os denominados tres bloques lingüísticos do galego?

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación

CONTIDOS DA 1ª AVALIACiÓN

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA