AS CANTIGAS DE AMOR
Imos partir de como a cançó provenzal chega ao reino de Galicia grazas ao íntima relación cos reinos medievais do sur da actual Francia. O Trobadorismo foi sen dúbida unha das influencias culturais máis relevantes do século XII que van provocar o Esplendor da lírica galaico-portuguesa.
Vexamos para comezar unha cantiga de amor de Bernal de Bonaval na que se aprecian a confluencia e a fusión das dúas compoñentes deste movemento creativo que se fragua no século XIII, unha cantiga que presenta tanto as características máis destacadas da filosofía do amor cortés provenzalizante, como trazos autóctonos moi evidente:
A dona que eu amo e tenho por senhor
amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for,
se nom dade-mi-a morte.
A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus
e por que choram sempre, amostrade-mi-a,
Deus,
se nom dade-mi-a morte.
Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer,
se nom dade-mi-a morte.
Ai, Deus! qui
mi-a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a u possa
com ela falar,
se nom dade-mi-a morte.
Bernal de Bonaval (Compostela)
texto de Vedes, fremosa mia senhor
Dende a
Provenza chegaron logo ao Reino de Galicia trobadores cantando un tipo de
cantiga "a cançó" que comezaba cunha evocación á
primavera e logo, posta en boca dun home expresaba a filosofía do amor
cortés, unha especie de amor idealizado onde a dama é denominada habitualmente
"senhor".
Este estilo de "cantigas de amor" ao imitar á cançó vida
de fóra será claramente trobadoresco ou provenzalizante, pero deixaba ás
veces ver algunha influencia de elementos tradicionais autóctonos como pode ser
que certas composicións leven refrán.
A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do amor que naceu no século XI cos seguintes trazos:
- Total submisión do
namorado á dama (de aí que se lle chame “senhor” á namorada).
- A amada sempre está
distante e é admirada pola súa perfección física e moral (velida e fremosa,
mansa e mesurada)
- A distancia da namorada
provoca a coita/ cuita de amor (a queixa, a dor do namorado).
- O tópico por excelencia desta coita é o de morrer de amor.
Sobre a distancia da
namorada como consecuencia de ser unha muller casada, poden darse dende
namoradas que sexan indiferentes ou un rexeitamento total. O namorada está
obrigado en todo caso a ser tamén discreto, respectuoso e mesurado.
Estados dos
namorados:
-Os namorados nobres para poderen comunicarse pasan por varias etapas, dada a inaccesibilidade da namorada (frecuentemente é un amor adúltero). A primeira é de suspirante (fenhedor) na que non ten contacto coa namorada, pero a desexa ver e prega a Deus como interlocutor que lla deixe ver. Unha segunda suplicante (precador) na que o contacto existe, pode falar con ela para expoñer o seu amor e unha terceira e que case nunca se dá na lírica galego-portuguesa a de entendedor ou drut que son etapas de éxito nos que a namorada corresponde ao amor.
Distintas partes das
cantigas responderán á loanza e fermosura da dama, a manifestación do amor do namorado, a distancia e reserva da dama e a coita do amor do namorado.
Tipos de cantigas de amor: de refrán ou de mestría
As cantigas de amor de refrán con influencia formal das composicións tradicionais, levan un refrán despois de cada estrofa.
As cantigas de mestría
(feitas a modo dos mestres, é dicir dos trobadores da canço) non teñen refrán
Recursos estilísticos propios das cantigas de amor.
Dobre: repetición dunha
palabra ou grupo delas en posicións simétricas dunha mesma estrofa.
Mordobre: repetición en
posicións simétricas dun mesmo lexema con variacións nos morfemas flexivos ou
derivativos
A finda: versos finais
que se sitúan a remate da composición
como conclusión.
Cantiga de Fernán Padrón:
Letra da cantiga: Senhor fremosa, nom poss´eu osmar (Don Dinis)
Pergamiño Sharrer con melodías orixinais.
Letra da cantiga: A tal estado m´ adusse, senhor... (Don Dinis)
ACTIVIDADES:
Cantiga de amor de Paio Gomez Charinho identificar trazos do amor cortés:
Senhor fremosa, pois que Deus nom quer,
nem mia ventura, que
vos eu veer
possa,
convém-m'hoje mais a sofrer
todas las coitas que
sofrer poder
por vós; e quero já
sempre coidar
em qual vos vi, e tal
vos desejar
tôdolos dias em que eu
viver.
E morte assi
venha quando vẽer!
Ca desejos nom hei eu
de perder
da mansedume e do bom
parecer
e da bondade, se eu
bem fezer,
que em vós há;
mais quer'a Deus rogar
que me leixe
meu temp'assi passar,
desejando qual vos vi,
e sofrer.
Ca em desejos é tod'o
meu bem.
E dizem outros que ham
mal, senhor,
desejando; mais eu
filh'i sabor,
ca desejo qual vos vi
e por en
vivo, ca sempre
cuid'em qual vos vi
e atal vos desejei des
ali
e desejarei mentr'eu
vivo for.
Ca sem desejos nunca
eu vi quem
podess'haver tam
verdadeir'amor
como hoj'eu hei, nem
fosse sofredor
do que eu sofr'; e
esto me mantém:
grandes desejos que
hei. E assi
quero viver; e o que
for de mi
seja, ca esto tenh'eu
por melhor:
desejar sempre; ca des
que nom vi
vós nom vivera rem do
que vivi:
senom coidando em qual
vos vi, senhor.

Comentarios
Publicar un comentario