As Cantigas Satíricas

 


Podes ver o texto da cantiga na páx. 150 do libro ou se o prefires procurar este ou calquera outro texto neste  Glosario de cantigas satíricas. 

A  "Arte de Trovar" que se conserva no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa é un tratado de poesía medieval moi interesante. Este cancioneiro, descuberto no século XIX en Italia e que mercou o Estado Portugués, é o máis completo dos tres cancioneiros que conservamos (1600 cantigas dos distintos tipos). Presenta un tratado de poética ( Arte de Trovar) que estuda eses diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan.

Das cantigas de escanio e maldicir esta Arte de Trovar da época di:

"Cantigas d´escarneo son aquelas que os trobadores fan querendo dizer mal dalguén nelas, e dizen-lho per palavras cubertas (que teñen dúas interpretacións)... e estas palabras chaman os clérigos equivocatio. E estas cantigas pódense fazer ben de refrán ou mestría (sen refrán).

Cantigas de maldizer son aquelas que fan os trobadores descubertamente. Nelas entran palabras que queren dizer mal e non aver outro entendimento senon aquel que queren dizer abertamente."





TRABALLANDO CUESTIÓNS CLAVES: ESCARNEO OU MALDIZER?
Escoita a seguinte cantiga de dicada a María Pérez a Balteira, unha soldadeira de Betanzos  e localiza nela a equivocatio:        Cantiga de João Vasques de Talaveira  


O que veer quiser, ai cavaleiro, Maria Pérez, leve algum dinheiro, senom nom poderá i adubar prol. (senón non conseguirá nada) Quen'a veer quiser ao serão, Maria Pérez, lev'alg'em sa mão, senom nom poderá i adubar prol. Tod'home que a ir queira veer suso,* Maria Pérez, lev'algo de juso,** senom nom poderá i adubar prol.

*suso (enriba, suponse dun escenario danzando)
** juso (debaixo, suponse no bolso...)

Que tipo de cantiga será: de escarbnio ou de maldicir? Por que?


Fíxate agora na seguinte cantiga de Afonso X 

Non quero eu doncela fea ( podes atopala no libro na páxina 152.

Que tipo de cantiga cres que é? Por que? 

A pervivencia:  Cantiga de maldicer moderna  como mostra da pervivencia deste tipo de cantigas na nosa lírica máis actual. 

Para volver a probar glosarios 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación

CONTIDOS DA 1ª AVALIACiÓN

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA