TRABALLO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN EN GRUPO
TRABALLO DE GRUPO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN.
Chegou o día de escoller cantiga(s) en grupo para realizar unha versión audiovisual protagonizada por vós. Podedes escoller unha cantiga xa gravada e sobre o audio preparar un vídeo protagonizado polas persoas do grupo. Podedes ver modelos de cantigas e variadas versións nas distintas entradas que enlazamos a seguir.
Os obxectivos didácticos que se pretenden acadar con este traballo son:
1- Protagonizar un achegamento colectivo ao esplendor da lírica galaico-portuguesa selecionando unha cantiga amorosa de amigo ou de amor.
2- Interiorizar por parte do alumnado esa cantiga amorosa do galego-portugués medieval ata o punto de protagonizar unha montaxe audiovisual na que como actores e/ou actrices trasladen na interpretación realizada e gravada unha atmosfera e visión fieis dos contidos estudados que presenta a cantiga e da estética propias do texto seleccionado.
3- Realizar un exercicio ou proposta de creación ambiciosa a partir desta peza de autor medieval, unha adaptación axeitada ben pola imitación arcaizante, ben pola revisión á actualidade do seu traballo.
4- Amosar a participación creativa de todo o grupo. Cada grupo de alumnas/os intérpretes deben aparecer e representar un papel substancial como tal no audiovisual para que se lles poida valorar efectivamente como partícipes da actividade.
Cuestións a valorar: A capacidade de integrar na montaxe o sentido prmixéneo da peza escollida, a orixinalidade ou o fidelidade logradas na posta en escena polo grupo que protagoniza o vídeo, ademais da calidade e resultado final da gravación. As cantigas logo se exporán na aula e dependendo do seu resultado poderemos estudar a súa exposición a posteriori neste blog ou outros espazos divulgativos e didácticos.
Puntuación: A realización deste traballo audiovisual por parte do grupo sumará como mínimo un punto na nota de avaliación, sempre que a xuízo do profesor respecte os todos os obxectivos que se pretenden con esta actividade. Como incentivo ou estímulo un segundo punto opcional poderá ser outorgado ao(s) mellor(es) traballo(s) presentado(s).
PARA VER, ESCOITAR E CONSULTAR:
Tipos de cantigas de amigo
Tipos de cantigas de amor
Escoller cantigas musicadas xa ... hai todas estas e algunha máis que fomos vendo.
Apuntarse por orde e escoller cantiga antes de que cha colla outro grupo. Aberto o prazo.
Entrega dos traballos: Tres días antes da avaliación.
Comentarios
Publicar un comentario