As Cantigas Relixiosas ou de Santa María
AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA
Na lírica galaico-portuguesa medieval atopamos un xénero, o das Cantigas de Santa María que tivo unha curiosa xénese: o empeño do rei Afonso X, o Sabio, por marcar as diferenzas co poder da Compostela daquela época. Hai pois un interese político para evitar a hexemonía na Igrexa compostelá. Para minguar a figura de Santiago escolle á Virxe como centro de interese, realiza un primeiro libro coas súas composicións que será a base dun códice posterior, que contén 427 cantigas das que unha parte son obra do propio rei. Afonso X curiosamente pasara grandes tempadas na súa infancia en Galicia e fora criado en galego, pero reinará en Toledo, onde nacera e quixo facer desta capital un dos centros culturais máis emblemáticos da Península e de Europa desexando a coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico sen éxito.Autoría
Este traballo mandouno realizar a un scriptorium de autores e escribas en
Toledo. O Códice resultante será unha das xoias das creacións da bibliografía
medieval polos seus dibuxos e ilustracións e luxosa feitura, pola música coa
súa notacións que introduce, algo que
engade un valor extraordinario ás propias composicións. Parece ser que as
composicións feitas polo rei poden ser as que non teñen unha localización
precisa e ademais aparece un eu moi marcado, é dicir , unha primeira persoa que
di ser o autor da cantiga. As restantes adoitan usar fórmulas de "mandei
facer"
Tipos de Cantigas de Santa María.
As cantigas
de loor (cantigas líricas de gabanza das virtudes
Virxe). Están situadas no Códice cos números I, X, XX, XXX... a cada dez
composicións. Teñen una proximidade coa estética do amor cortés onde a senhor e
a amada é a Virxe, unha deriva relixiosa. Relacionadas algunhas co ciclo
litúrxico ( mes de maio, mes de María).
Esta é de loor de Santa María
com´é fremosa, e boa e á gran poder
Dona das donas, Sennor das sennores.
Rosa de beldad' e de parecer
e Fror d'alegria e de prazer,
Dona en mui piadosa ser
Sennor en toller coitas e doores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
Atal Sennor dev' ome muit' amar,
que de todo mal o pode guardar;
e pode-ll' os peccados perdõar,
que faz no mundo per maos sabores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
Devemo-la muit' amar e servir,
ca punna de nos guardar de falir;
des i
dos erros nos faz repentir,
que nos fazemos come peccadores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
Esta dona que tenno por Sennore
de que quero seer trobador,
se eu per ren poss' aver seu amor,
dou ao demo os outros amores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
As
cantigas dos milagres (cantigas narrativas) Contan un
milagre atribuído á Virxe e responden a unha estrutura moi determinada. Un
título, un refrán que se repite a modo de estribillo despois de cada estrofa da composición como
unha idea central da mesma.
- 13 -
Esta é como Santa Maria guardou o ladron
que non morresse na forca, porque a
saudava.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz,
salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte
livrou.
E porend' un gran miragre vos direi desta
razón,
que feze Santa Maria, dun mui malfeitor
ladron
que Elbo por nom' avia; mas sempr' en ssa
oraçon
a ela s' acomendava, e aquello lle prestou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz,
salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte
livrou.
Onde ll' avo un día que foi un furto fazer,
e o meiryo da terra ouve-o log' a prender,
e tan toste sen tardada fez-lo na forca
põer;
mas a Virgen, de Deus Madre, log' enton del
se nenbrou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz,
salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte
livrou.
E u pendurad' estava no forca por ss'
afogar,
a Virgen Santa Maria non vos quis enton
tardar,
ante chegou muit' aga e foil-ll' as mãos
parar
so os pees e alçó-o |assi que non ss'
afogou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz,
salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte
livrou.
Assi esteve tres dias o ladron que non
morreu;
mais lo meiro passava per y e mentes meteu
com' era viv', e un ome seu logo lle
corregeu
o laço per que morresse, mas a Virgen o
guardou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz,
salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte livrou.
U cuidavan que mort' era, o ladron lles
diss' assi:
«Quero-vos dizer, amigos ora por que non
morri:
guardou-me Santa Maria, e aque-vo-la aqui
que me nas sas mãos sofre que m' o laço non
matou.»
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz,
salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte
livrou.
Quand' est' oyu o meiro, deu aa Virgen loor
Santa Maria, e logo foi decer por seu amor
Elbo, o ladron, da forca, que depois por
servidor
dela foi senpr' en sa vida, ca en orden
log' entrou.
Assi como Jesu-Cristo, estando na cruz,
salvou
un ladron, assi sa Madre outro de morte
livrou.
Actividades: Que tipo de composición cres que son as
seguintes?
Cantiga CIII
Outras composicións de Afonso X
Debes saber que o
propio rei compuxo tamén 44 cantigas non relixiosas (cantigas case todas de
escarnio e maldicir, tres cantigas de amor e unha de amigo, ademais da titulada
Non me posso pagar tanto. que non responde a un xénero determinado.
Fermosísima versión da Cantiga nº 100:



Comentarios
Publicar un comentario