Contidos Probas Finais e as Extraordinarias

Contidos da 1ª avaliación

Contidos da 2ª avaliación

Contidos da 3ª avaliación

Cando se teñan que presentar a recuperar tres ou dúas avaliacións as preguntas das probas irán en proporción ao peso aproximado outorgado a cada avaliación,  que se entende que é un 25 para a 1ª /25 para a 2ª  e un 50 para a 3ª.

As Probas de Lectura por realizar (ben de recuperación da 2ª, ben da 3ª avaliación de estar pendente) poderán realizarse, en lugar do día 2 de xuño, noutra data a acordar antes da reunión de avaliación 8 de xuño. Do mesmo xeito serán parte da materia a avaliar nas recuperacións no caso de non telas realizado ou de precisar recuperación delas.


 CONTIDOS PARA AS PROBAS EXTRAORDINARIAS 

O alumnado que teña só unha avaliación pendente os contidos son os que se sinalan nos enlaces anteriores. 

O alumnado que con tres ou dúas avaliacións suspensas (evidentemente quen teña dúas só estudarán os contidos das avaliacións que teñan pendentes 1ª e 2ª, 2ª e 3ª ou 1ª e 3ª) terá que realizar unha proba en base aos seguintes contidos:

1ª Avaliación

Panorámica da Historia da Lingua

        - As raíces da lingua.

       - O nacemento esplendor e decadencia medievais.

      -   Dos séculos escuros ao nacionalismo. 

      - Da época das irmandades á actualidade. 


Literatura:

UNIDADE 1- Tradicional e trobadoresco (I) 

- Do tradicional e trobadoresco na lírica medieval

No libro de texto páx. 70,71,72,73,74 e 75.

- As cantigas de amigo. Tipos

No libro de texto páx. 122, 123, 124, 125, 126 e 127.


UNIDADE 2- Tradicional e trobadoresco (II)

- As cantigas de amor.

No libro  de texto páx. 94, 95, 96, 97, 98 e 99

Tanto da primeira como da segunda avaliacións traballaremos con textos que identificar e catalogar na súa tipoloxía (tipo e subtipo de cantiga, ademais de sinalar que trazos tradicionais ou trobadorescos presentan).


2ª Avaliación:

Literatura:

As Cantigas Satíricas: Escarneo e maldicir no libro de aula páx. 144-145-146-147-148

As Cantigas Relixiosas de Sta. María no libro de aula páx. 170-171-172-173-174-175

Tanto da primeira como da segunda avaliacións traballaremos con textos que identificar e catalogar na súa tipoloxía ( tipo e subtipo de cantiga, ademais de sinalar que trazos tradicionais ou trobadorescos presentan).


3ª Avaliación:

ROSALíA DE CASTRO páx do libro de texto 274 -279

Os prólogos dos seus libros (intencións), estrutura, temáticas e estilo dos mesmos. 


PONDAL vs CURROS ver no libro de texto, páxinas 294-299 / 314-319

As intencións, temáticas e estilo das súas obras máis sinaladas: 

- Queixumes do Pinos de Eduardo Pondal

- Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez


 BEGOÑA CAAMAÑO: LETRAS GALEGAS 2026

Textos dos autores anteriormente citados (ver  especialmente os que aparecen no blog ou nos exercicios dedicados a cada autor/a do libro) para identificar autor/ obra e estilo en cada texto.

Nesta proba puntuaranse ademais dos contidos literarios a expresión e a corrección ortográfica. 


GRAMÁTICA:

Verbos irregulares

Pronomes átonos.


LECTURAS: Sobre o Plan lector poderán incluirse algunhas cuestións na proba sobre as lecturas cuxas probas non foron superadas nas probas de lecturas realizadas con anterioridade  perante o curso.  

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS DA 1ª AVALIACiÓN

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA

CONTIDOS DA PROBA DA 3ª Avalición