CAUSAS QUE PROVOCAN O REXURDIMENTO O Rexurdimento foi consecuencia dunha serie de factores que se van dar principalmente no século XIX en Galicia: - A influencia dos Ilustrados , especialmente Sarmiento e os seus escritos na defensa do galego, mesmo ao crear un modelo de literatura contemporánea coas súas 1200 coplas. - A repercusión da Guerra da Independencia que vai provocar unha firme conciencia de pobo que precisaba o autogoberno. - A difusión en prensa dos postulados políticos do liberalismo, fronte ao absolutismo centralista, descentralización e defensa das peculiaridades de Galicia. - As ideas do romanticismo movemento que se estende por toda Europa exaltando a liberdade e as culturas autóctonas. Temos que ter en conta que o ambiente intelectual de Galicia nace co Provincialismo politicamente falando, pero como consecuencia da represión exercida (o fusilamento dos mártires de Carral 1846) produciuse un desprazamento das reivindicacións cara ao terreo da...