DO TRADICIONAL E TROBADORESCO NA LÍRICA MEDIEVAL

 DO TRADICIONAL E TROBADORESCO.

Cal era o papel das mulleres galegas á hora de crear e interpretar as cantigas medievais?





 A raíña Urraca e o boloñés: Fíxate neste vídeo a importancia na monarquía galega e portuguesa da influencia dos reinos franceses de Borgoña, Aquitania e Provenza.


O tradicional  antes da escrita da lírica medieval galego-portuguesa

En Galicia, o reino medieval máis vello de Europa, temos moitos indicios da existencia dende vello dunha tradición oral popular que crearía cantigas entre elas un tipo de canción feminina de temática amorosa, interpretada polas mesmas mulleres, tradición que, en boa medida, persistiu ata os nosos días a través das cantadeiras.

Factores que deron lugar á escrita en galego-portugués:

 Mais a literatura culta escrita en galego-portugués non comezará ata o século XIII coa chegada da moda do Lirismo Provenzal grazas ao Camiño de Santiago que trouxo a Compostela en peregrinación cos nobres occitanos que deron entrada a trobadores provenzais nas cortes reais do Camiño e espallaron as ideas do amor cortés ou trobadorismo e os seus gustos poéticos. Os monxes de Cluny tamén estenden esta influencia por todo o Camiño a Compostela. Afonso, rei de Portugal, denominado o Boloñés por ter sido criado en Francia, provocou este encontro e a introdución de formas e de temas na literatura da época.  

Deste encontro entre a canción feminina tradicional e a lírica trobadoresca da Provenza comezan a escribirse as nosas cantigas en galego-portugués por autores galegos que tomando como modelos a lírica tradicional oral autóctona e o trobadorismo crearán os xéneros que hoxe coñecemos das cantigas de amigo, as de amor e as de escarnio e maldicir. Este vai ser neste curso un dos obxectivos principais de estudo. Deberemos distinguir nas nosas cantigas elementos tradicionais, ou autóctonos, dos trobadorescos, ou provenzais.

 

O Tradicional ou autóctono:

Elementos preexistentes propios xa das cantigas anteriores á chegada da influencia trobadoresca e que logo permanecen nas cantigas de amigo que e conservan :

- Canta unha muller

- Espazos naturais abertos (mar, romarías, fontes,...)

- Simbolismo erótico da natureza (flores, auga, arboreda...)

- Ausencia do namorado (amigo)

- Elementos formais de repetición (refrán, leixaprén)

 

A chegada do lirismo Provenzal e a moda do “amor cortés”:

A teoría do amor cortés chegada a Compostela dende Occitania e Provenza (terras que hoxe son Francia) supón unha concepción platónica do amor que naceu no século XI cos seguintes trazos:

-Total submisión do namorado á dama (de aí que se lle chame “senhor” á namorada).

- A amada sempre está distante e é admirada pola súa perfección física e moral (velida e fremosa)

- A distancia da namorada provoca a coita/ cuita de amor (a queixa, a dor do namorado).

- Os namorados nobres para poderen comunicarse pasan por varias etapas, dada a inaccesibilidade da namorada (frecuentemente é un amor adúltero). A primeira é de suspirante (fenhedor na que non ten contacto coa namorada, pero a desexa ver) unha segunda suplicante (precador) naque o contacto existe, pode falar con ela para expoñer o seu amor e unha terceira e que case nunca se dá na lírica galego-portuguesa a de entendedor e drut que son etapas de éxito nos que a namorada corresponde ao amor.


AUTORÍA DAS CANTIGAS: ELAS E ELES

Aínda hoxe, a corrente maioritaria dos estudos de Literatura Medieval consideran que as cantigas de amigo eran obra de trobadores homes que adoptaban nestes temas papeis femininos. No entanto, hai correntes que apostan por considerar que os personaxes aos que se lles atribúe a autoría destas cancións unicamente as terían interpretado e non serían os seus autores.

 


Ria Lemaire, especialista na relación entre literatura oral e escrita defende que “Os trobadores non crearon as cantigas de amigo galego-portuguesas, só foron os seus transmisores. Na realidade, estas composicións foron un labor colectivo de mulleres no campo da literatura oral”. Segundo as súas ideas, estes textos fundacionais das nosas letras farían parte do noso patrimonio inmaterial.

 

Ampliar información sobre a autoría das cantigas de amigo: Sabías que estas cantigas poderían ser de autoría feminina? Normalmente as mulleres humildes non sabían escribir, logo quen a escribía podía asinar  de contado esa cantiga. De todos os xeitos coñécese un par de documentos nos que se citan a xograsesas Marina (Mosteiro de Caveiro) e Tereia noutro texto de Portugal.

Por outra banda se segue afondando no comezo desa influencia trobadoresca para comezar coa escrita da lírica galaico-portuguesa (as Irmás Urraca, Teresa, María e Sancha Fernández de Traba)

ACTIVIDADES:

1- Investiga sobre o Pergamiño VINDEL: 

a)Que é o Pergamiño Vindel?

b)Como se atopou?

c)Por que é tan importante para a lírica medieval?

d)Por que non se conserva en Galicia?

2- Completa coa lectura  do libro páx. 70-75. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación

CONTIDOS DA 1ª AVALIACiÓN

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA