A TRADICIÓN ORAL I (O NADAL):


 
NADAL DE LUÍNTRA 

Cara Belén camiña unha Niña ocupada

fermosa canda ela San Xosé a acompaña.


Chegaron a Belén e pediron pousada,

responderon desde dentro con voz alborotada

-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?

-Somos Xosé e María que pedimos pousada

- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.

- Cartos non traerei máis que real de prata

-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

 

San Xosé se apenaba, María o consolaba.

Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,

que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


A TRADICIÓN ORAL I (O NADAL)

Sabíades que nos Séculos Escuros curiosamente un dos textos que se difundiron en galego mesmo fóra de Galicia e en galego foron os vilancicos? 

Este aparente paradoxo ten dúas razóns de ser:

 Unha pola razón parte dunha cousa aparentemente intranscendente, da semellanza que vían moitos naquela época entre os nomes de Galicia e Galilea, pobos ambos que con certo parecido nos nomes, de habitantes humildes con gran cantidade de pastoras e pastores.

Non podemos esquecer que nos séculos XVII e XVIII houbo unha moda que permitiu entre as catedrais da nosa península unha extraordinaria difusión do vilancico de Nadal en lingua galega, moda grazas a cal conservamos unha chea de pezas en galego desa época, non só nas catedrais de Santiago ou Mondoñedo, tamén nas de Lisboa, Coimbra, Valladolid, Zaragoza ou Toledo.

Ay cómo suena, mas ay cómo suena,

al ton torontón la Gayta galega:

Bailar, ey tocar, saltar, y brincar,

al ton torontón, y al tan tarantán!

A segunda razón é a forte tradición oral que existía en Galicia nestas datas, dada a cantar e tamén a festexar de xeito tradicional esta data do Nadal. Nomes dos cantos específicos deste período das trece lúas son:  Panxoliñas, vilancicos, nadais, aninovos, manueles, aguinaldos, xaneiras e reises.  Tiñan todas elas algo en común a referencia ao meniño, ao nacemento e a infancia de Xesús Cristo.  O poder desta tradicion chega aos nosos días e naceu seguramente na Idade Media que como  xa sabemos era unha etapa na que a tradición oral estaba moi arraigada da cultura e idiosincrasia do pobo galego.

Atoparemos logo cantigas en galego en moitas catedrais da península porque os cantos que se lles poñían en boca aos pastores escribíanse con frecuencia en galego. Era o pobo máis semellante aos galileos que coñecían outros pobos do Estado.

 


Este cantos están acompañados de fondos costumes que van dende o Tronco ou Tizón de Nadal ata as danzas de Reis con carantoña incluída  todo un precedente do ciclo de Entroido ou prearación da entreda da primavera. 

As trece lúas conforman o ciclo de Nadal que arredor do Solsticio de Inverno e as súas vellas tradicións fusionadas co Cristianismo viven na tradición de Galicia.


Hoxe celebramos as festas do nacemento de Xesús, a Luz e a Vida, os primeiros cristiáns fixéronas coincidir co Solsticio de inverno.

 

O SOL E A LÚA E O NADAL

O ano solar de 365 días (a non ser o bisexto de 366) e o ano lunar 354 días (logo o ano solar son case 13 ciclos da lúa) non coinciden.

Da noite de Nadal (24 decembro) á de Reis (6 de xaneiro) van 13 lúas tamén.

Os deuses do sol no Mediterráneo (como o exipcio Horus ou grego Helios, tamén romanos, hindús, tibetanos…) celebrados no solsticio de inverno como Xesús Cristo.

 

CELEBRACIÓNS DE GALICIA NAS TRECE LÚAS

24 Nadal: Noiteboa

Tizón de Nadal

Bacallau e pan de noces

Roldas de paxoliñas, vilancicos e a misa do galo.

Nadais e aguinaldos.

28 de decembro: Santos Inocentes e outras trasnadas.

31 de decembro: Noitevella.

Lumeiras e o Apalpador.

Aninovos e Manueles.

A Noite de Reis do 5 de xaneiro.

Cantos e Danzas de Reis (Fin do mundo,

Reises do Cebreiro… precedentes do Entroido)

 

 VELLOS E NOVOS COSTUMES

De onde saíron logo a Arboriña de Nadal e Papá Noel?

Son dous elementos que tradicionalmente, hai cincuenta anos comezaron a introducirse nas nosas casas por influencia doutras culturas.

Nós celebrabamos o Nadal con beléns e cántigas, e aínda que había tamén figuras como o Apalpador nas montañas de Lugo e Ourense, en xeral esperabamos os agasallos na noite de Reis.

Había dous lugares para comunicarse coas divinidades antigamente:

O primeiro era o fanum, que era un lugar sen construcción onde se manifesta a divindade (árbore, fonte ou rocha) logo mellor que culto ás árbores será nas árbores!

O segundo o templum, que era unha edificación feita polos humanos para un deus; por iso moitos templos teñen árbores, fontes ou rochas sagradas asociadas a ese novo lugar de culto.

Logo levamos ás casas a árbore sagrada: Nesa árbore colgábanse as candeas que simbolizaban a volta do sol e a esperanza no renacer fértil do ano, os froitos, viandas, simbolizadas nos agasallos e outros adornos. Así o fanum ou o templum e o poder máxico desexado están dalgún xeito nas nosas casas.

O Cristianismo cando se oficializou a relixión por parte do Imperio Romano fixo coincidir a festa do Solsticio coa chegada ao mundo do Neno Xesús simbolizando a luz e a vida, os mesmos atributos que tiña o Sol Invictus.

 

O APALPADOR

Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador.

AGUINALDOS:




  

Día de Reis, Día de Reis

primeira festa do ano

entre damas e doncelas,

vimos pedi-lo aguinaldo

 

Se queren da-lo aguinaldo

non nos fagan agardare

somos de lonxanas terras

temos muito que andare.

 

Ese señor, Don Luis,

muito lle pinta a chaqueta

meta a mao no seu bolsillo

e tíreme unha peseta.

 

 COPLA  DE AGRADECEMENTO:

Estas portas son de ferro

eiquí vive un caballero.

 

COPLA DE AGRAVIO

Estas portas son de estopa

eiquí vive un lapasopas




Cantemos unha panxoliña:

REISES DE NEDA: 

ACTIVIDADE: Primeira actividade do ano: 
Escoitamos esta recolleita á informante Amadora de Fonte Ferreira ( parroquia de Pedrafita do Cebreiro).  




Que se celebraba? Cantos eran os reis no Cebreiro?
Por que había unha carantoña? A que se debe? 
Reflexión de como se solapan as tradicións. Precristiás, pagás e cristiás. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación

CONTIDOS DA 1ª AVALIACiÓN

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA