DO PRIMEIRO ESPERTAR CULTURAL Á PROSA MEDIEVAL GALAICO-PORTUGUESA

 


Traballaremos sobre tres conceptos literarios referidos á nosa terra que se superpoñen un sobre outro dun xeito peculiar. O da tradición oral que servirá de material de unión entre dous relatos, o que se escribirá en latín, máis antigo, e o que se escribe logo en galego-portugués.

1- As primeiras referencias da tradición oral  

A tradición oral como soporte dun patrimonio inmaterial que comeza a camiñar mesmo na prehistoria da nosa terra.  A cultura dos castros, a primera cultura deu lugar  non só a unha civilización material que destaca tanto pola súa forma de habitar o territorio: os castros e a súa ourivería (torques, brazaceltes, arracadas...) Hai tamén un patrimonio inmaterial que deu lugar a unha oralidade rica que segue viva e que fala destes primeiros habitantes denominados mouros/ mouras.

 Un pobo entre dous mundos: O Atlántico e o Mediterráneo 


 Ademáis está Breogán é nos relatos antigos o primeiro rei de Galicia, o rei celta. Este mito


presentaunhas característacas destacables como é o vencello destas terras co Atlántico, tamén co Mediterráneo, algo que logo a arqueoloxía e estudos científicos certifican. Unha exposición recente titulada Galaicos: un pobo entre dous mundos fixo público unha morea de datos aos respecto.

O mito de Breogán e Ith falan dunha torre e dunha terra conquistada (Irlanda) que cobrará forza na Idade Media. Hoxe esa torre denominase Torre de Hércules na Coruña que establece unha ligazón co mundo greco-latino de onde provén ese heroe que vai matar e soterrar baixo a torre ao xigante Xerión. 

Os Gregos e Romanos falaban dun Finisterrae, porta de entrada ao mundo dos mortos, tamén os Celtas falaban desas illas de mortos no medio do océano. Logo parece haber un punto común que sitúa a Galicia como fonte de relatos mitolóxicos ao respecto. 

O río Leteo ou do Esquecemento que citan os romanos ao comezar as súas conquistas  na nosa terra serven de punto de partida dunha tradición oral aínda viva  nas terras da Limia.  Logo o relato do final das gerras cos galaicos e da resistencia heroica no Mons Medulio é un fito referencial que axiña vai cobrar outra dimensión como é ao do nacemento dunha serie de autores galaicos qu eescribirán xa en latín.

2- O primeiro espertar cultural da Gallaecia (escrito en latín)  

A introdución do Cristianismo será unha ferramenta poderosísima da consolidación da latinización do territorio e non é estraño que sexa neste terreo, o relixioso, onde se enmarquen as primeiras manifestacións deste espertar cultural do Noroeste galaico. Falamos do controvertido autor Prisciliano, considerado un herexe e perseguido ata condenalo a morte, cuxos escritos son a base dun alegato posterior da súa figura, tras da súa decapitación.

A peregrina a Xerusalén Exeria será a primeira autora das nosas letras.

Aínda teremos entre nós a Orosio e a Hidacio  historiadores cristiáns dun momento de transción moi relevante, a chegada dos Suevos á Galicia coa posterior caída do Imperio Romano. Na corte dos reis suevos un monxe de Panonia, coñecido como Martiño de Dumio, chega ás nosas terras para rematar cunha longa tradición de cultos e ritos precristiáns en pleno século VI despois de Cristo.

3-A prosa medieval galaica: 

Non é tan copiosa como a lírica, pero garda como veremos unha serie de conexións co desenvolvemento literario deste páis moi notables. Resulta así algo máis significatva do que aparente un conxunto de textos dos século XIII. XIV e XV  en galego-portugués poden amosae. Imos facer notar que ese desiterese entra en contradición coa curiosa conexión que a prosa medieval ten coas temáticas recorrentes que deron lugar a unha tradición oral, agora xa en galego que mantén unha relación singular coa:

Prosa de ficción artúrica (relación co celtismo) a través da materia de Bretaña (bretón o único idioma celta continenntal conservado ata hoxe). Súmanse así a relatos da conquista mitolóxica de Irlanda por parte dos galaicos fillos de Breogán (Libro das conquistas ou Lebor Gabála Érenn) as narracións do rei Artur e os cabaleiros da Táboa redonda, de Merlín e do Santo Grial. 

A tradición oral lembra como os cabaleiros do rei Artur están encantados na Lagoa Antela, fala do Santo Grial situándoo no Cebreiro ou da Illa de Ávalón  como a illa de Sálvora. Algo que a tradición literaria culta posterior á Idade Media vai recoller e ampliar con creaccións como Na Noite Estrelecida de Ramón Cabanillas, Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, Amor  de Artur de Méndez Ferrín, Galván en Saor de Darío Xohan Cabana  ou Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño, autores e autoras do século XX. 

Algo semellante, pero en menor medida se produce coa prosa alusiva a Troia. Coa Crónica Troiana traeremos á nosa tradicion oral posterior heroes gregos de distinta índole. Seguen as conexións atlánticas e mediterráneas en vigor.

Por último, a prosa medieval haxiográfica referida ao Miragres de Santiago (escritos en galego portugués) que tivera tamén un máis valioso Códex Calixtinus ( en latín do século XII) unha xoia de primeira índole cargada de lendas xacobeas de tradición oral cuxas raíces chegan ao encontro dos portadores dos restos do Apóstolo coa raíña Lupa (unha coñecida e poderosa moura). 

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

CONTIDOS 3ª Avaliación

CONTIDOS DA 1ª AVALIACiÓN

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA