A LITERATURA DOS SÉCULOS XVI, XVII e XVIII
Non poucas veces teño pensado en cal foi a causa de que en Galicia se introducira o uso de escribir en castelán o que antes se escribía ou en latín ou en galego. Non hai xénero de escritura testamentos, doazón, venda, contrato, foro, arrendamento, compra, cambio, partillas,etc… que eu non teña visto e lido en Galicia ou en latín ou en galego. E sei que se poden cargar carros deses instrumentos que se conservan en Galicia. Non tendo precedido, pois, nin Concilio , nin Cortes nin consentimento uniforme dos galegos par actuar, outorgar, comercializar en lingua castelá, quen a introduciu? A resposta está patente: que Galicia chora e chorará sempre. Non os galegos, senón os non galegos, que ós principios do século XVI inundaron o reino de Galicia, non para cultivar as súas terras, senón para se facer carne e sangue dos mellores, e para cargar cos máis beneficiosos empregos, así eclesiásticos como civís, foron os que por non saber a lingua galega, nin por cargar palabra nin por escrito, introduciron a monstruosidade de escribir en castelán para os que non saben senón o galego puro.
Esta
monstruosidade é máis visible nos empregos eclesiásticos. Non sei como toleran os bispos que curas que
non son galegos nin saben a lingua teñan emprego “ad curam animarum”, e sobre
todo a administración do Santo Sacramento da Penitencia. Que é o coloquio dun
penitente rústico e galego cun confesor non galego, senón un entremés de
xordos? Son innumerables os chistes vergoñentos que se contan desa inicua
tolerancia. Haberá 13 días que un cura galego natural me dixo que confesando a
unha galega díxolle que xa se confesara antes cun castelán, pero que non cría
que fose confesión: porque nin o castelán entendeu á galega, nin esta ao
castelán.
O verbo “trebellar” en galego, de tripudiare,
sempre significa “ in malam partem e dista cen leguas do honesto verbo
“traballar” o “trabajar”. Confesor castelán ten habido que ata despois de
moitos anos estivo no erro de que o mesmo era o verbo “trebellar” galego que o
“trabajar” castellano. E aos penitentes, que confesaran que trebellaran tantas
veces dicíalles que en días festivos só podía “trebellar” unha hora, pero que
nos días soltos podían trebellar ad laudes et per horas. Si o tal confesor escoitara
a copla galega común: “O crego e maila criada xogaban aos trebelliños, etc…”
entendería o significa.
Elementos etimológicos, Martín Sarmiento
2- Sarmiento, como frade bieito era consciente vai denunciar a situación lingüística do seu tempo. Que pon en evidencia neste texto? Imos dramatizar esta anécdota que nos relata Sarmiento.
Sarmiento era unha persoa atenta á situación do galego do seu tempo, documentando e escoitando cal era sentir das xentes do común. Será logo este frade erudito o que mellor represente este período de transición que se deu en chamar os Séculos Escuros, período de transición, mesmo poderíamos considerar logo a este autor como o primeiro precursor do Rexurdimento.


Comentarios
Publicar un comentario