Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIóN:

Na segunda avaliación teremos que afrontar: Comentarios   de texto: Cantigas  e pastorelas.  Proba de lectur a do libro de relatos O Axolote de Lara Dopazo Proba escrita   da avaliación cos seguintes contidos: Gramática: Verbos regulares  e irregulares no libro páx, 352-353 Pronomes persoais  no libro páx. 351. Literatura: As Cantigas Satíricas: Escarneo e maldici r no libro de aula páx. 144-145-146-147-148 As Cantigas Relixiosas de Sta. María  no libro de aula páx. 170-171-172-173-174-175 Os Xéneros menores  páx. 149 do libro Do primeiro espertar cultural á prosa medieval  (non entrará) A prosa medieval no libro de texto,  páx. 194-195-196-197-198-199 A Literatura dos séculos XVI, XVII e XVIII,   nas páx. 218-219-220- 221-222-223-224-225 do libro de aula.  Lingua, literatura e sociedade: Día de Rosalia .  Primeiros comentarios de textos da autora

DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO AO DÍA DAS LETRAS DE BEGOÑA CAAMAÑO

Imaxe
Despois de ler o texto introdutorio faremos un breve comentario do texto de Rosalía de Castro:  DE ROSALÍA A BEGOÑA CAAMAÑO   Xigantescos olmos, mirtos que brancas frores ostentan, unhas con cogollos inda, outras que o vento esfollea; buxos que xa contan sigros e que xuntos verdeguean formando de rama e troncos valos que naide atravesa, e nos que moi descansadas fan o seu niño as culebras; loureiros irmáns dos buxos pola altura i a nacenza, pois arraigaron a un tempo no máis profundo da terra; limoeiros e laranxos qu'o verde musgo sombrean i olido esparcen d'azare con que a xente se recrea; eternos bosques en donde sombrío misterio reina, onde só os paxaros cruzan polas tristes alamedas onde ó marmular as fontes un coidara que se queixan, i ond'o mesmo sol do estío melancólico penetra; i en medio desta espesura e desta hermosa tristeza, nunha casa inda máis triste, si de fachada soberba, alí din que ten o niño a nai de tódalas meigas: casa con portas de cedro, en cada venta...

Unha proposta de traballo sobre AS IRMANDADES

Imaxe
 Investiga e documenta estas catro preguntas:  Que eran As Irmandades? Quen eran os grandes señores de Galicia daquela? Que papel xogaron os burgueses e os labregos nas Guerras Irmandiñas? Como cres que tería sido Galicia de triunfaren as Irmandades? Proposta de traballo voluntario a partir do seguintes documentos audiovisuais: Prazo de entrega unha semana  27 de febreiro de 2026.