Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

CONTIDOS PROBA 1ª Avaliación

Imaxe
 UNIDADE 0: A ría da nosa existencia Lingua e sociedade: - Fala e Lingua -  A lingua un dereito... Panorámica  da Historia da Lingua No libro de texto páx. 18,19,20 e 21 ** Os seguintes gráficos servirán de axuda para entender o proceso de evolución do latín ao galego:  Literatura: UNIDADE 1- Tradicional e trobadoresco (I)  - Do tradicional e trobadoresco na lírica medieval No libro de texto páx. 70,71,72,73,74 e 75. - As cantigas de amigo. Tipos No libro de texto páx. 122, 123, 124, 125, 126 e 127. UNIDADE 2- Tradicional e trobadoresco (II) - As cantigas de amor. No libro  de texto páx. 94, 95, 96, 97, 98 e 99 - O comentario literario das cantigas amorosas galego-portuguesas Gramática:   Unidade e variedade da lingua. Lingua estándar. Lingua falada e escrita. As variedades da lingua: A Fala No libro de texto: 38,39,40, 41, 42 e 43 Das clases de palabras. Substantivos e Adxectivos. Xénero e número. No libro de texto 62,63,64,65, 66 e 67 // 86,87,88, ...

DAS CLASES DE PALABRAS/ DOS SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS. XÉNERO E NÚMERO

Imaxe
CLASES DE PALABRAS SUBSTANTIVOS ADXECTIVOS XÉNERO  NÚMERO ACTIVIDADES:  Debes contrastar esta información tras consultar no libro de texto: Unidade 3 nas páxinas 62 et ss. e na Unidade 4: as páxinas 86 et ss.   POSESIVOS Ollo:

TRABALLO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN EN GRUPO

Imaxe
   TRABALLO DE GRUPO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN.  Chegou o día de escoller cantiga(s) en grupo para realizar unha versión audiovisual protagonizada por vós. Podedes escoller unha cantiga xa gravada e sobre o audio preparar un vídeo protagonizado polas persoas do grupo. Podedes ver modelos de cantigas e variadas versións nas distintas entradas que enlazamos a seguir.  Os obxectivos didácticos que se pretenden acadar con este traballo son:  1- Protagonizar un achegamento colectivo ao esplendor da lírica galaico-portuguesa selecionando unha cantiga amorosa de amigo ou de amor. 2-  Interiorizar por parte do alumnado esa cantiga amorosa do galego-portugués medieval ata o punto de protagonizar unha montaxe audiovisual na que como actores e/ou actrices trasladen na interpretación realizada e gravada unha atmosfera e visión fieis dos contidos estudados que presenta a cantiga e da estética propias do texto seleccionado. 3- Realizar un exercicio ou proposta de creación ...

AS VARIEDADES DA LINGUA: A FALA

Imaxe
  A linguaxe humana como ben expresou Castelao adquire unha concreción  en cada sociedade ou comunidade humana, polo tanto  diferénzase doutras por presentar unha diversidade lingüística e cultural que provoca a existencia de máis de 5000 linguas no mundo. O galego é unha delas que está dentro dun privilexiado 5% de linguas que ten máis dun millón de falantes.  Por outro lado a lingua galega presenta unha serie de trazos lingüísticos que a diferenzan doutras linguas, unha especie de esqueleto que soporta un corpo de expresións ou fenómenos concretos da lingua que podemos denominar fala, a versión visible dese esqueleto. A fala é a expresión natural da lingua, a diversidade intenbna que existe en cada lingua. A gramática polo tanto presenta sempre unha variedade lingüística que son as diferentes formas de falar. Logo está a competencia que ten cada falante, hai unha competencia activa, é dicir, o uso que fai cada persoa da lingua á hora de falar e unha competencia pas...