Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2025

DO PRIMEIRO ESPERTAR CULTURAL Á PROSA MEDIEVAL GALAICO-PORTUGUESA

Imaxe
  Traballaremos sobre tres conceptos literarios referidos á nosa terra que se superpoñen un sobre outro dun xeito peculiar. O da tradición oral que servirá de material de unión entre dous relatos, o que se escribirá en latín, máis antigo, e o que se escribe logo en galego-portugués. 1- As primeiras referencias da tradición oral   A tradición oral como soporte dun patrimonio inmaterial que comeza a camiñar mesmo na prehistoria da nosa terra.  A cultura dos castros, a primera cultura deu lugar  non só a unha civilización material que destaca tanto pola súa forma de habitar o territorio: os castros e a súa ourivería (torques, brazaceltes, arracadas...) Hai tamén un patrimonio inmaterial que deu lugar a unha oralidade rica que segue viva e que fala destes primeiros habitantes denominados mouros/ mouras.   Un pobo entre dous mundos: O Atlántico e o Mediterráneo   Ademáis está Breogán é nos relatos antigos o primeiro rei de Galicia, o rei celta. Este m...

OS XÉNEROS MENORES DA LÍRICA MEDIEVAL

Imaxe
  Hai no conxunto das cantigas da lírica medieval galaico-portuguesa, unha serie de cantigas de difícil clasificación, que non encaixan nos tres xéneros principais. De aí que os críticos establezan tres tipos de xéneros denominados menores: A pastorela, o pranto, a tenzón e o lai. A PASTORELA Nesta cantiga aparece a palabra "pastor" referida a unha pastora. Adoitan ser cantigas dialogadas nas que un cabaleiro seguindo os trazos dunha cantiga de amor solicita o favor da "pastor" sendo habitual que esta responda ben aceptando ou ben rexeitando a proposición do  namorado. Esta intervención feminina acostuma tomar algún dos trazos tradicionais característicos da cantiga de amigo. O espazo no que acontece este encontro por veces tamén cobra o simbolismo que teñen algunhas das cantigas máis tradicionais. Quand'eu un día fui en Compostela en romaría, vi ũa pastor que, pois fui nado, nunca vi tan bela, nen vi outra que falasse milhor e demandei-lhi logo seu amor e fi...