Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2025

CONTIDOS 3ª Avaliación

 Nesta avaliación temos que meternos de cheo na etapa denominada tradicionalmente Rexurdimento. En concreto:  Sarmiento e os Precursores, Rosalía e os autores posteriores, (especialmente Pondal da Unidade 12 e Curros da Unidade 13) que serán obxecto dunha actividade de comentario de textos posterior á proba escrita, na mentras que nesta proba analizaremos temáticas e estilo destes autores por contraste a través de pequenos textos seleccionados.  Lembra logo que os autores dos comentarios que vaiamos facendo se irán sumando como materia avaliable (falamos de Rosalía de Castro,  Curros Enríquez e Eduardo Pondal)  A literatura do XIX.  De 1808 a 1863. Precursores (Unidade 10) páx. 244- 251 Precursores do Rexurdimento   no blog.  A Galicia!   de Francisco Añón. Rosalía de Castro (Unidade 11) páx. 274-279  O prólogo dos Cantares  no blog Estrutura e Temáticas dos Cantares  no blog. Follas Novas. Dúas palabras da autora   no blo...

LETRAS GALEGAS 2025: Por que mulleres? Que lles debemos ás nosas cantareiras?

Imaxe
  No ano 2025 a Real Academia Galega dedícalle este Día  das Letras ás pandeireteiras e a tradición oral popular, un conxunto de centos e miles de mulleres que habitualmente foron e son aínda anónimas, pero que a Academia decide singularizar en 6 cantareiras xa falecidas como son Rosa e Adolfina Casás, Eva Castiñeira e as pandeireteiras de Mens (Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García e Manuela Lema). Dalgún xeito se homenaxea ás que lograron manter viva a tradición oral de séculos ata os nosos días, que estando a piques de botarse a perder, como consecuencia de que se foi esmorecendo o mundo rural e labrego en gran medida.  Mais nos anos setenta e oitenta do século pasado o traballo de recolleitas e cancioneiros (especialmente o Cancioneiro de Dorothé Schubarth)  e a actividade recuperadora de grupos musicais e asociacións folclóricas fixo que cun carácter máis urbano a tradición oral siga viva na boca da mocidade e con novas fórmulas de dinamización, concertos...

EDUARDO PONDAL

Imaxe
 O autor do Himno Galego, un poema do seu libro Queixumes dos Pino s sobre o que tamén buscaremos contrastes e semellanzas coa obra de Rosalía e de Curros Enríquez.  Biografía Poeta de corte cívico e un ton épico co que procura unha lingua culta que se afasta un tanto do estilo dos poetas popularizantes, incluíndo o celtismo e o bardismo (un bardo era aulea figura das tribos celtas que gardaba a memoria do pobo e relataba as súas fazañas).   

CURROS ENRÍQUEZ

Imaxe
  MANUEL CURROS ENRÍQUEZ Biografía Semellanzas e diferenzas con Rosalía de Castro Semellante polo seu interese na poesía social, pola empatía cos humildes, un estilo popular e gusto polo costumismo. Diferenzas: Unha visión do futuro máis esperanzada que na poesía de Rosalía. Visión republicana anticlerical e anticaciquil. Introdución da simboloxía do progreso o tren, especialmente,  como o avance industrial. Poemas a coñecer e comentar:

Comentarios de textos do Rexurdimento

Imaxe
  Comezamos co emblemático texto de Rosalía de Castro:    Adios rios, adios fontes, adios regatos pequenos, adios vista dos meus ollos non sei cando nos veremos .   Miña terra, miña terra,       5 terra donde m' eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei.   Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento,     10 paxariños piadores, casiña do meu contento,   muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras      15 da igrexiña do lugar,   Amoriñas das silveiras Que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, adios, para sempre adios!           20   Adios groria! Adios contento! Deixo a casa onde nacín, Deixo a aldea que conoso, por un mundo que non vin!   Deixo amigos por estraños,      25 deixo á veiga pólo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ...