PROSA MEDIEVAL E TEMÁTICAS PERTINENTES PARA A LITERATURA GALEGA
A prosa medieval galaica:
Non é tan copiosa como a lírica, pero garda como veremos unha serie de conexións co desenvolvemento literario deste páis moi notables. Resulta así algo máis significatva do que aparente un conxunto de textos dos século XIII. XIV e XV en galego-portugués poden amosae. Imos facer notar que ese desiterese entra en contradición coa curiosa conexión que a prosa medieval ten coas temáticas recorrentes que deron lugar a unha tradición oral, agora xa en galego que mantén unha relación singular coa:
Prosa de ficción artúrica (relación co celtismo) a través da materia de Bretaña (bretón o único idioma celta continenntal conservado ata hoxe). Súmanse así a relatos da conquista mitolóxica de Irlanda por parte dos galaicos fillos de Breogán (Libro das conquistas ou Lebor Gabála Érenn) as narracións do rei Artur e os cabaleiros da Táboa redonda, de Merlín e do Santo Grial.
A tradición oral lembra como os cabaleiros do rei Artur están encantados na Lagoa Antela, fala do Santo Grial situándoo no Cebreiro ou da Illa de Ávalón como a illa de Sálvora. Algo que a tradición literaria culta posterior á Idade Media vai recoller e ampliar con creaccións como Na Noite Estrelecida de Ramón Cabanillas, Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro, Amor de Artur de Méndez Ferrín, Galván en Saor de Darío Xohan Cabana ou Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño, autores e autoras do século XX.
Algo semellante, pero en menor medida se produce coa prosa alusiva a Troia. Coa Crónica Troiana traeremos á nosa tradicion oral posterior heroes gregos de distinta índole. Seguen as conexións atlánticas e mediterráneas en vigor.
Por último, a prosa medieval haxiográfica referida ao Miragres de Santiago (escritos en galego portugués) que tivera tamén un máis valioso Códex Calixtinus ( en latín do século XII) unha xoia de primeira índole cargada de lendas xacobeas de tradición oral cuxas raíces chegan ao encontro dos portadores dos restos do Apóstolo coa raíña Lupa (unha coñecida e poderosa moura).
Comentarios
Publicar un comentario