Publicacións

SARMIENTO O PRIMEIRO PRECURSOR

Imaxe
    SARMIENTO O PRIMEIRO PRECURSOR Sarmiento foi o primeiro en darse conta e valorar este patrimonio común que conservamos e que é á vez unha das compoñentes máis significativas da nosa identidade. A fala foi durante moitos séculos un patrimonio conservado polas xentes humildes, que non sabían ler e escribir, pero eran quen de máximas como: Do mal peito, mal feito ou Das palabras non o sonido, sino no sentido.   Sarmiento sería dos poucos coñecedores neses Séculos Escuros para a literatura en galego da magnífica poesía medieval en lingua galega conservada en manuscritos que tivo ocasión de consultar, por vez primeira, en Toledo. Pero tamén el foi o primeiro en compoñer á imitación do que o pobo facía o Coloquio en mil duascentas coplas galegas, que o converte no primeiro autor da Literatura galega contemporánea.   TEXTO A)   Na vila é costume dempois qu´a coñezco qu´os sábados todos do ano e arreo,     se faga mercado mercando e v...

Unha nova etapa: 2ª Avaliación

Imaxe
 Comezamos unha nova andaina neste curso con este novo blog. que segue o longo camiño que percorreu o noso antigo blog. Faino xusto onde o deixamos e coincidindo coa preparación das probas da 2ª avaliación. CONTIDOS: LITERATURA:  A Lírica medieval galaico-portuguesa:  TRADICIONAL E TROBADORESCO  ver blog. no libro na páx. 94 o código do amor cortés. AS CANTIGAS DE SANTA MARíA  E XÉNEROS MENORES  no libro  as Cantigas de Santa María da páx. 170 ata 176. Os xéneros menores a Pastorela como variedade da cantiga de amor páx. 99 e os restantes xéneros menores na páx. 149. AS CANTIGAS SATÍRICAS: DE ESCARNEO e MALDICIR  e tamén no libro da páx. 144 ata 148. LITERATURA: A prosa medieval:  No libro da páx. 194 ata 199. - Os Ciclos Temáticos da prosa medieval. No libro a Prosa ficcional, haxiográfica e histórica da páx. 195 ata 198 - Conexión coa tradición oral ( Non entra na proba , forma parte do noso traballo de investigación sobre a nosa literatu...