Publicacións

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIóN:

Na segunda avaliación teremos que afrontar: Comentarios   de texto: Cantigas  e pastorelas.  Proba de lectur a do libro de relatos O Axolote de Lara Dopazo Proba escrita   da avaliación cos seguintes contidos: Gramática: Verbos regulares  e irregulares no libro páx, 352-353 Pronomes persoais  no libro páx. 351. Literatura: As Cantigas Satíricas: Escarneo e maldici r no libro de aula páx. 144-145-146-147-148 As Cantigas Relixiosas de Sta. María  no libro de aula páx. 170-171-172-173-174-175 Os Xéneros menores  páx. 149 do libro Do primeiro espertar cultural á prosa medieval  (non entrará) A prosa medieval no libro de texto,  páx. 194-195-196-197-198-199 A Literatura dos séculos XVI, XVII e XVIII,   nas páx. 218-219-220- 221-222-223-224-225 do libro de aula.  Lingua, literatura e sociedade: Día de Rosalia .  Primeiros comentarios de textos da autora

DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO AO DÍA DAS LETRAS DE BEGOÑA CAAMAÑO

Imaxe
Despois de ler o texto introdutorio faremos un breve comentario do texto de Rosalía de Castro:  DE ROSALÍA A BEGOÑA CAAMAÑO   Xigantescos olmos, mirtos que brancas frores ostentan, unhas con cogollos inda, outras que o vento esfollea; buxos que xa contan sigros e que xuntos verdeguean formando de rama e troncos valos que naide atravesa, e nos que moi descansadas fan o seu niño as culebras; loureiros irmáns dos buxos pola altura i a nacenza, pois arraigaron a un tempo no máis profundo da terra; limoeiros e laranxos qu'o verde musgo sombrean i olido esparcen d'azare con que a xente se recrea; eternos bosques en donde sombrío misterio reina, onde só os paxaros cruzan polas tristes alamedas onde ó marmular as fontes un coidara que se queixan, i ond'o mesmo sol do estío melancólico penetra; i en medio desta espesura e desta hermosa tristeza, nunha casa inda máis triste, si de fachada soberba, alí din que ten o niño a nai de tódalas meigas: casa con portas de cedro, en cada venta...

Unha proposta de traballo sobre AS IRMANDADES

Imaxe
 Investiga e documenta estas catro preguntas:  Que eran As Irmandades? Quen eran os grandes señores de Galicia daquela? Que papel xogaron os burgueses e os labregos nas Guerras Irmandiñas? Como cres que tería sido Galicia de triunfaren as Irmandades? Proposta de traballo voluntario a partir do seguintes documentos audiovisuais: Prazo de entrega unha semana  27 de febreiro de 2026. 

REPASOS GRAMATICAIS OBRIGADOS

Imaxe
  VERBOS REGULARES E IRREGULARES PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS  

PROSA MEDIEVAL E TEMÁTICAS PERTINENTES PARA A LITERATURA GALEGA

Imaxe
A prosa medieval galaica:  Non é tan copiosa como a lírica, pero garda como veremos unha serie de conexións co desenvolvemento literario deste páis moi notables. Resulta así algo máis significatva do que aparente un conxunto de textos dos século XIII. XIV e XV  en galego-portugués poden amosae. Imos facer notar que ese desiterese entra en contradición coa curiosa conexión que a prosa medieval ten coas temáticas recorrentes que deron lugar a unha tradición oral, agora xa en galego que mantén unha relación singular coa: Prosa de ficción artúrica (relación co celtismo)  a través da materia de Bretaña (bretón o único idioma celta continenntal conservado ata hoxe). Súmanse así a relatos da conquista mitolóxica de Irlanda por parte dos galaicos fillos de Breogán (Libro das conquistas ou  Lebor Gabála Érenn ) as narracións do rei Artur e os cabaleiros da Táboa redonda, de Merlín e do Santo Grial.  A tradición oral  lembra como os cabaleiros do rei Artur están enca...

PLAN LECTOR 2026: O AXOLOTE e OUTROS CONTOS DE BESTAS E AUGA

Imaxe
O prazo para lectura será  ata o 15 de xaneiro Como empezaches a escribir ? Cales son os teus referentes literarios? Recitanos un dos teus poemas? Lemos un dos seus textos e debetemos as súas posibles interpretacións A ILLA DAS MULLERES

LÍRICA MEDIEVAL (II)

Imaxe
  AS CANTIGAS SATÍRICAS María A Balteira AS CANTIGAS RELIXIOSAS Afonso X, o sabio .   XÉNEROS MENORES Comentando pastorelas Procura na pastorela analizando verso a verso identificar elementos tradicionais e trabadorescos que neles se utilizan e que servirían para desenvolver logo a seguir un comentario ao respecto.