Publicacións

Comentamos unha Cantiga Medieval?

Imaxe
Comentamos unha cantiga medieval?   Non chegou, madre, o meu amigo, e hoj'ést'o prazo saído!      ai, madre, moiro d'amor! Non chegou, madre o meu amado e hoj'ést'o prazo passado!      ai, madre, moiro d'amor! E hoj'ést'o prazo saído! Por que mentiu o desmentido?      ai, madre, moiro d'amor! E hoj'ést'o prazo passado! Por que mentiu o perjurado?      ai, madre, moiro d'amor! Por que mentiu o desmentido pesa-mi, pois per si é falido.      ai, madre, moiro d'amor! Por que mentiu o perjurado pesa-mi, pois mentiu a seu grado.      ai, madre, moiro d'amor.  D. Dinis. Lembrar que aquelas cantigas de amigo que expresan en espazos domésticos a condición ou estado  físico e anímico da namorada (velida, louçana/ coitada, en gran desejo...) son trazos de carácter trobadorescos ou provenzalizantes. Tamén hai que ter en conta a presenza ou non de recursos literarios como o refrán, o paralelismo,...

INTRoDUCIÓN Á LÍRICA MEDIEVAL GALAICO _ PORTUGUESA

Imaxe
Reinos centroeuropeos no momento da  aparición do sepulcro de Santiago en Gallaecia  A LÍRICA AMOROSA GALEGO-PORTUGUESA DO SÉCULO XIII AS CANTIGAS DE AMIGO  AS CANTIGAS DE AMOR

NO CAMIÑO, A EMPATÍA (II) Unha panorámica da historia da nosa lingua ben distinta (Traballo de investigación e creación da Unidade 0)

Imaxe
Trátase de elaborar un traballo de investigación e creacción no que se desenvolvan os seguintes cinco temas atendendo á cronoloxía indicada e ás fontes de información que se ofrecen que cada quen elaborará individualmente e segudo entenda.  A MOURA (Tradicion oral desde a Prehistoria) Substrato da nosa cultura. EXERIA (Primeiro espertar cultural da Gallaecia en Latin) Latinización. (Podes ver o seguinte vídeo a partir aprox. do minuto 2:22:30 ata 3.12. 00) ou visitar a seguinte publicación ) URRACA (As dificultades dunha das primeiras raíñas de Europa que gobernou en Galicia) Tras do nacemento do Galego, no limiar do esplendor medieval. AS MULLERES ANÓNIMAS CANTORAS DOS SÉCULOS ESCUROS:  Procurar información sobre a tradición oral como sostén da nosa cultura  a través dos tempos. Documental sobre as cantareiras  ROSALÍA DE CASTRO (A imaxe universal dunha Galicia contemporánea e culta) Rexurdimento. AS TANXUGUEIRAS, YOLANDA CASTAÑO e outras voces (escritoras e cantare...

NO CAMIÑO, A EMPATÍA (Unidade 0. Curso 2026/27)

Imaxe
  Algunha vez te preguntaches por que vivimos en sociedade? Por que o ser humano non pode vivir aillado e de costas ao outro? Cal é a clave para vivir en colectivo?  A resposta está na identidade.         Nesa procura do eu que comeza mesmo ao nacer, hai un camiño constante que nos vai descubrindo o mundo aos poucos, un mundo tan complexo e diverso que sempre haberá alguén alleo ao que achegarnos. Nese camiñar , por forza, caemos na conta de que a diversidade nos fai humanos e deste xeito axiña pasamos de estar na Casa a construír na paisaxe a nosa Terra, en base a nosa lingua, cultura e historia, unha personalidade na que o orixinal do nós , da nosa forma de ser nos abre as portas da universalidade. Trátase dun camiñar incesante e intrincado, intelixente e audaz no que se fai imprescindible practicar a empatía .   Liberarse dos prexuízos cara aos demais implica saber mellor quen somos e ser empáticos tanto cun mesmo como con calquera distinto a n...

Contidos Probas Finais e as Extraordinarias

Contidos da 1ª avaliación Contidos da 2ª avaliación Contidos da 3ª avaliación Cando se teñan que presentar a recuperar tres ou dúas avaliacións as preguntas das probas irán en proporción ao peso aproximado outorgado a cada avaliación,  que se entende que é un 25 para a 1ª /25 para a 2ª  e un 50 para a 3ª. As Probas de Lectura por realizar (ben de recuperación da 2ª, ben da 3ª avaliación de estar pendente) poderán realizarse, en lugar do día 2 de xuño, noutra data a acordar antes da reunión de avaliación 8 de xuño. Do mesmo xeito serán parte da materia a avaliar nas recuperacións no caso de non telas realizado ou de precisar recuperación delas.   CONTIDOS PARA AS PROBAS EXTRAORDINARIAS  O alumnado que teña só unha avaliación pendente os contidos son os que se sinalan nos enlaces anteriores.  O alumnado que con tres ou dúas avaliacións suspensas (evidentemente quen teña dúas só estudarán os contidos das avaliacións que teñan pendentes 1ª e 2ª, 2ª e 3ª ou 1ª e 3ª) ...

As Alumnas, de Paula Carballeira

Imaxe
  Unha homenaxe á mestra María Barbeito , quen era, que ten de especial?  Transmitir o coñecemento, a lingua... A historia informa de que non podes dar nada por feito. Dicirlle ás persoas que tiñan oportunidades. Alternar información máis seria con voltas á infancia con situacións máis irónicas.  Rosa e Elvira son personaxes reais?  Dous camiños a coller grazas á memoria: - Tempo perdido tras unha educación en igualdade para as mulleres... Rosa , a liberdade que palabra máis perigosa... só a entendemos cando nos falta.... - A esperanza de cambio tras da guerra...  que guerra é? Pero Elvira, o difícil de saír do guión...fun covarde... por que? A obra fálanos da culpa, do que é teu lugar, mais es libre para atopar o teu lugar? Que é a Guía da boa esposa ? Por que debe ser un paraíso o teu fogar? A autora ten unha estreia relación coa tradicion oral hai un conto sobre a morte. Lémbralo? A sociedade etrusca, lingua vernácula, o matriarcado como se plasma.  A f...

CONTIDOS DA PROBA DA 3ª Avalición

 Para esta terceira avalaición teremos que realizar unha proba escrita o próximo día 25 coas contidos que especificamos a seguir: LITERATURA: REXURDIMENTO: OS PRECURSORES   no libro de texto244-251 ROSALíA DE CASTRO páx do libro de texto 274 -279 Os prólogos dos seus libros (intencións), estrutura, temáticas e estilo dos mesmos.  PONDAL vs CURROS  ver no libro de texto, páxinas 294-299 / 314-319 As intencións, temáticas e estilo das súas obras máis sinaladas:  - Queixumes do Pinos de Eduardo Pondal - Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez  BEGOÑA CAAMAÑO: LETRAS GALEGAS 2026 COMENTARIOS Textos dos autores anteriormente citados (ver  especialmente os que aparecen no blog ou nos exercicios dedicados a cada autor/a do libro) para identificar autor/ obra e estilo en cada texto. Realizar comentarios de poemas enteiros dos tres grandes autores do Rexurdimento  despois de realizar a proba.  Nestes textos, puntuarase ademais dos contidos lit...