Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

CONTIDOS DA 3ª AVALIACIÓN

 Nesta avaliación temos que meternos de cheo na etapa denominada tradicionalmente Rexurdimento. En concreto:  Sarmiento e os Precursores, Rosalía e os autores posteriores, (especialmente Pondal  da Unidade 12 e Curros da Unidade 13 que serán obxecto dunha actividade posterior a proba escrita, máis centrada en Rosalía na que analizaremos temáticas e estilo a través do comentario de textos).  Lembra qu eos autores dos comentarios que vaiamos facendo se irán sumando como materia avaliable (falamos de Curros Enríquez e Eduardo Pondal)  A literatura do XIX.  De 1808 a 1863. Precursores (Unidade 10) páx. 244- 251 Precursores do Rexurdimento no blog.  A Galicia! de Francisco Añón. Rosalía de Castro (Unidade 11) páx. 274-279  O prólogo dos Cantares  no blog Estrutura e Temáticas dos Cantares  no blog. Follas Novas. Dúas palabras da autora no blog. Das Follas Novas (temáticas) no blog. DÍA DAS LETRAS: Luísa Villalta. Vida e Obra a elaborar a ...

DAS FOLLAS NOVAS: Temáticas

Imaxe
 Tendo en conta o xa traballado e este esquema que aparece como cabeceira da presente entrada Identifica e argumenta como corresponde as temáticas dos seguintes poemas de Follas Novas:  1º Daquelas que cantan as pombas i as frores (Vaguedás), para ver o texto  2º Follas novas (Vaguedás), para ver o texto.   3º Que pasa arredor de min? (Vaguedás), para ver o texto . 4º Unha vez tiven un cravo (Vaguedás), para ver o texto. 5º Negra sombra (Do íntimo), para ver o texto . 6º  Maio longo, maio longo (Do íntimo), para ver o texto.  7º A xusticia pola man (Do íntimo), para ver o texto. 8º Vamos bebendo (Varia), para ver o texto.  9º Xan (Da terra), para ver o texto. 10º Pra Habana (As viúdas dos vivos e as viñudas dos mortos), para ver o texto. 11º Desde aquí vexo un camiño (As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos),  para ver o texto. 12º Tecin soia a miña tea (As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos), para ver o texto.   

LUÍSA VILLALTA

Imaxe
Poesía un ruído provocado, un rito de resistencia... ...todo o que conmove transforma.   Rosalía de Castro morreu un 15 de xullo, Luísa naceu un 15 de xullo, Luísa morreu con 46 anos de idade, dous menos que Rosalía que o fixo con 48.  Rosalía falou nos seus Cantares da aurora na Alborada e da Negra Sombra en Follas Novas , Luísa deixou escrito: Pensar é escuro como un muro de sombra inmerecida: doutro lado o sol, sempre ao outro lado, lonxe, infinitamente lonxe desta xanela á que rebota estremecida a confusión que por min padece o ar e as ausencias que proxecto como sombras dalgún min que eu  non decido. Pensar, pensar como en lexión de criaturas espantosas que arrebatan as explicacións máis simples de loucura. E é así porque a razón é tráxica, como tráxico é calquer fin último, calquer destino ao que se aboca a vida.  Luísa Villalta Gómez Imos comezar a súa biografía cos sete nomes que propón SETESTRELO :  Este vídeo sobre o seu concepto da creacción pode axu...

DÚAS PALABRAS DA AUTORA

Imaxe
  O PRÓLOGO QUE ROSALÍA ESCRIBIU PARA FOLLAS NOVAS (1880) Máis de dez anos pasaron -tempo casi que fabuloso a xusgar pola présa con que  hoxe se vive- desque a maior parte destos versos foron escritos, sin que as contrariedades da miña vida desasosegada, e unha saúde decote endebre, me permitise apousar neles os meus cansados ollos i o meu fatigado esprito. Ó leelos de novo, vin ben craro, como era incompreto e probe este meu traballo poético, canto lle faltaba para ser algo que valla, e non un libro máis, sin outro mérito que a perene melancolía que o envolve, e que algúns terán, non sin razón, como fatigosa e monótona. Mais as cousas teñen de ser como as fan as circunstancias, e se eu non puden nunca fuxir ás miñas tristezas, os meus versos menos...  Historias dinas de ser cantadas por mellores poetas do que en son, e cuias santas harmonías deberan ser espresadas cunha soia nota e nunha soia corda, na corda do subrime, e na nota da delor. Anque sin forzas pra tanto,...

ESTRUTURA E TEMÁTICAS DE CANTARES GALLEGOS

Imaxe
 ESTRUTURA.  O primeiro poema invita a unha meniña gaiteira a cantar:  Le o primeiro poema do libro:  Has de cantar: E case o derradeiro poema volve a cantar esa meniña gaiteira despois da alborada,  unha das pezas claves para entender o sentido deste poemario rosaliano. Eu cantar, cantei Procura saber a quen cede a voz Rosalía nos restantes poemas dos seus  Cantares gallegos. Imos tentar deducir de todos estes poemas identificar as temáticas que toca a autora nestes trinta e tantos poemas: Adios ríos, adiós fontes... Nasín cando as plantas nasen Un repoludo gaiteiro Campanas de Bastabales Mais ó que ben quixo un día Castellanos de Castilla Alborada 

O prólogo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro

Imaxe
Á Fernán Caballero. Señora: Por ser mujer y autora de unas novelas hacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico á usted este libro. Sirva él para demostrar á la autora de  La Gaviota  y de  Clemencia  el grande aprecio que la profeso, entre otras cosas, por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país. Santiago, 17 de mayo de 1863. Rosalía Castro de Murguía. PRÓLOGO Grande atrevemento é sin duda prá un probe inxenio com’ ó que me cadrou en sorte dar á luz un libro cuyas páxinas debían estar cheyas de sol, d’ armonía e d’ aquela naturalidade que unida á unha fonda ternura, á un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman á mayor belleza d’ os nosos cantos populares. A poesía gallega, toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros e doçes sonrisiñas, mormuxando unhas veces c’ os ventos misteriosos d’ os bosques, briland’ outras c’ ó rayo de s...