CONTIDOS DA 3ª AVALIACIÓN
Nesta avaliación temos que meternos de cheo na etapa denominada tradicionalmente Rexurdimento. En concreto: Sarmiento e os Precursores, Rosalía e os autores posteriores, (especialmente Pondal da Unidade 12 e Curros da Unidade 13 que serán obxecto dunha actividade posterior a proba escrita, máis centrada en Rosalía na que analizaremos temáticas e estilo a través do comentario de textos).
Lembra qu eos autores dos comentarios que vaiamos facendo se irán sumando como materia avaliable (falamos de Curros Enríquez e Eduardo Pondal)
A literatura do XIX. De 1808 a 1863. Precursores (Unidade 10) páx. 244- 251
Precursores do Rexurdimento no blog.
A Galicia! de Francisco Añón.
Rosalía de Castro (Unidade 11) páx. 274-279
O prólogo dos Cantares no blog
Estrutura e Temáticas dos Cantares no blog.
Follas Novas. Dúas palabras da autora no blog.
Das Follas Novas (temáticas) no blog.
DÍA DAS LETRAS: Luísa Villalta. Vida e Obra a elaborar a partir do blog
GRAMÁTICA:
Os verbos irregulares en galego no apéndice verbal páx. 354-359
Par aquen prefira consultalo nunha páxina da ESO
PLAN LECTOR (realizaremos unha proba escrita independente sobre as obras de lectura)
O Axolote e outros relatos de Lara Dopazo.
Comentarios
Publicar un comentario