Esta pregunta só ten unha resposta posible e partirá da vontade de achegamento de cada quen.
PROPOSTA:
Unha biografía libre de prexuízos. Coñecer tanto datos persoais como do contexto no que viviu.
Unha lectura atenta dos seus textos.
O texto de Adiós ríos, adiós fontes é como unha portada que se precisa traspasar para poder coñecer e achegarse máis a Rosalía. Unha selección de poemas, os seus prólogos, certos textos en prosa escritos por ela son esenciais para coñecer a autora.
PALABRA DE ROSALÍA:
- Sobre a indepencia como muller: Xa nun primeiro artigo en Madrid en 1858 en “Lieders”, un pequeño expón como principios básicos do seu pensamento a
liberdade e a igualdade:
“Jamás ha dominado en mi
alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen
mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios,
aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que
debían aprisionarme para siempre, porque el patrimonio de la mujer son los
grillos de la esclavitud”.
Noutro artígo posterior, “Las literatas”, ironiza
sobre a visión que a sociedade do seu tempo tiña das mulleres que
escribían, consideradas pouco menos que unhas intrusas nun traballo de homes e obxecto das máis bastas críticas e burlas. As conviccións feministas de
Rosalía se estenden a toda a súa obra, e fanse especialmente evidentes nos seus
tres libros de poesía fundamentais, “Cantares gallegos”, “Follas novas” e “En
las orillas del Sar”.
Para esta terceira avalaición teremos que realizar unha proba escrita o próximo día 25 coas contidos que especificamos a seguir: LITERATURA: REXURDIMENTO: OS PRECURSORES no libro de texto244-251 ROSALíA DE CASTRO páx do libro de texto 274 -279 Os prólogos dos seus libros (intencións), estrutura, temáticas e estilo dos mesmos. PONDAL vs CURROS ver no libro de texto, páxinas 294-299 / 314-319 As intencións, temáticas e estilo das súas obras máis sinaladas: - Queixumes do Pinos de Eduardo Pondal - Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez BEGOÑA CAAMAÑO: LETRAS GALEGAS 2026 COMENTARIOS Textos dos autores anteriormente citados (ver especialmente os que aparecen no blog ou nos exercicios dedicados a cada autor/a do libro) para identificar autor/ obra e estilo en cada texto. Realizar comentarios de poemas enteiros dos tres grandes autores do Rexurdimento despois de realizar a proba. Nestes textos, puntuarase ademais dos contidos lit...
Begoña Caamaño Rascado, naceu no barrio vigués do Calvario, o 14 de outubro de 1964. Publicou dúas obras de narrativa Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), editadas por Galaxia. Tras os estudos de Maxisterio e dedicouse ao xornalismo, traballando nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo, Radio Noroeste e na Radio Galega, emisora na que botou a andar, xunto a Rosa Martínez en 1990, o programa Trécolas. En 1992 incorporouse á redacción central da Radio Galega, en Santiago de Compostela, desenvolvendo tarefas de redactora nos servizos informativos e no Diario Cultural, dirixindo e presentando os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite. Faleceu, aos 50 anos de idade, en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014. A Real Academia Galega acordou, no Pleno Ordinario celebrado o 25 de xuño de 2025, dedicarlle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño a proposta dos membros da Academ...
UNIDADE 0: A memoria de noso Lingua e sociedade: Cuestionario inicial I- As linguas fannos humanos -Sermos universais e orixinais, verdadeiros ante os demais. - Como nace un idioma? - A diferenza unha riqueza e un dereito a defender. II - Panorámica da Historia da Lingua - As raíces da lingua. - O nacemento esplendor e decadencia medievais. - Dos séculos escuros ao nacionalismo. - Da época das irmandades á actualidade. No libro de texto páx. 18,19, 20 e 21 ** Os seguintes gráficos servirán de axuda para entender o proceso de evolución do latín ao galego : As raíces da lingua Literatura: UNIDADE 1- Tradicional e trobadoresco (I) - Do tradicional e trobadoresco na lírica medieval No libro de texto páx. 70,71,72,73,74 e 75. - As cantigas de amigo. Tipos No libro de texto páx. 122, 123, 124, 125, 126 e 127. UNIDADE 2- Tradicional e trobadoresco (II...
Comentarios
Publicar un comentario