Publicacións

PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO

  Contidos:  Para 1ª AVALIACIÓN     AS CANTIGAS DE AMIGO E CANTIGAS DE AMOR podes atopalas nos contidos da 1ª avaliación Para a 2ª AVALIACIÓN  AS CANTIGAS SATÍRICAS E RELIXIOSAS  podes atopalas nos contidos da 2ª avaliación  OS SÉCULOS ESCUROS Para 3ª AVALIACIÓN (agás os Precursores) CONTIDOS DA 3ª AVALIACIóN   Os contidos de gramática serán os da 3ª avaliación  para calquera das probas.  DATA: O día da proba será o martes 17 de xuño ás 11,30-13.00

CONTIDOS 3ª Avaliación

 Nesta avaliación temos que meternos de cheo na etapa denominada tradicionalmente Rexurdimento. En concreto:  Sarmiento e os Precursores, Rosalía e os autores posteriores, (especialmente Pondal da Unidade 12 e Curros da Unidade 13) que serán obxecto dunha actividade de comentario de textos posterior á proba escrita, na mentras que nesta proba analizaremos temáticas e estilo destes autores por contraste a través de pequenos textos seleccionados.  Lembra logo que os autores dos comentarios que vaiamos facendo se irán sumando como materia avaliable (falamos de Rosalía de Castro,  Curros Enríquez e Eduardo Pondal)  A literatura do XIX.  De 1808 a 1863. Precursores (Unidade 10) páx. 244- 251 Precursores do Rexurdimento   no blog.  A Galicia!   de Francisco Añón. Rosalía de Castro (Unidade 11) páx. 274-279  O prólogo dos Cantares  no blog Estrutura e Temáticas dos Cantares  no blog. Follas Novas. Dúas palabras da autora   no blo...

LETRAS GALEGAS 2025: Por que mulleres? Que lles debemos ás nosas cantareiras?

Imaxe
  No ano 2025 a Real Academia Galega dedícalle este Día  das Letras ás pandeireteiras e a tradición oral popular, un conxunto de centos e miles de mulleres que habitualmente foron e son aínda anónimas, pero que a Academia decide singularizar en 6 cantareiras xa falecidas como son Rosa e Adolfina Casás, Eva Castiñeira e as pandeireteiras de Mens (Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García e Manuela Lema). Dalgún xeito se homenaxea ás que lograron manter viva a tradición oral de séculos ata os nosos días, que estando a piques de botarse a perder, como consecuencia de que se foi esmorecendo o mundo rural e labrego en gran medida.  Mais nos anos setenta e oitenta do século pasado o traballo de recolleitas e cancioneiros (especialmente o Cancioneiro de Dorothé Schubarth)  e a actividade recuperadora de grupos musicais e asociacións folclóricas fixo que cun carácter máis urbano a tradición oral siga viva na boca da mocidade e con novas fórmulas de dinamización, concertos...

EDUARDO PONDAL

Imaxe
 O autor do Himno Galego, un poema do seu libro Queixumes dos Pino s sobre o que tamén buscaremos contrastes e semellanzas coa obra de Rosalía e de Curros Enríquez.  Biografía Poeta de corte cívico e un ton épico co que procura unha lingua culta que se afasta un tanto do estilo dos poetas popularizantes, incluíndo o celtismo e o bardismo (un bardo era aulea figura das tribos celtas que gardaba a memoria do pobo e relataba as súas fazañas).   

CURROS ENRÍQUEZ

Imaxe
  MANUEL CURROS ENRÍQUEZ Biografía Semellanzas e diferenzas con Rosalía de Castro Semellante polo seu interese na poesía social, pola empatía cos humildes, un estilo popular e gusto polo costumismo. Diferenzas: Unha visión do futuro máis esperanzada que na poesía de Rosalía. Visión republicana anticlerical e anticaciquil. Introdución da simboloxía do progreso o tren, especialmente,  como o avance industrial. Poemas a coñecer e comentar:

Comentarios de textos do Rexurdimento

Imaxe
  Comezamos co emblemático texto de Rosalía de Castro:    Adios rios, adios fontes, adios regatos pequenos, adios vista dos meus ollos non sei cando nos veremos .   Miña terra, miña terra,       5 terra donde m' eu criei, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantei.   Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento,     10 paxariños piadores, casiña do meu contento,   muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras      15 da igrexiña do lugar,   Amoriñas das silveiras Que eu lle daba ó meu amor, camiñiños antre o millo, adios, para sempre adios!           20   Adios groria! Adios contento! Deixo a casa onde nacín, Deixo a aldea que conoso, por un mundo que non vin!   Deixo amigos por estraños,      25 deixo á veiga pólo mar, deixo, en fin, canto ben quero... ...

Como achegarme a Rosalía?

Imaxe
Esta pregunta só ten unha resposta posible e partirá da vontade de achegamento de cada quen. PROPOSTA:  Unha biografía libre de prexuízos. Coñecer tanto datos persoais como do contexto no que viviu.  Unha lectura atenta dos seus textos. O texto de Adiós ríos, adiós fontes é como unha portada que se precisa traspasar para poder coñecer e achegarse máis a Rosalía. Unha selección de poemas, os seus prólogos, certos textos en prosa escritos por ela son esenciais para coñecer a autora.   PALABRA DE ROSALÍA:  - Sobre a indepencia como muller: Xa nun primeiro artigo en Madrid en 1858 en “Lieders”, un pequeño expón como principios básicos do seu pensamento a liberdade e a igualdade:   “Jamás ha dominado en mi alma la esperanza de la gloria, ni he soñado nunca con laureles que oprimiesen mi frente. Sólo cantos de independencia y libertad han balbucido mis labios, aunque alrededor hubiese sentido, desde la cuna ya, el ruido de las cadenas que debían aprisionarme pa...