Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

COMENTAR UNHA CANTIGA

Imaxe
  Imos comentar a seguir unha cantiga seguindo un esquema que será válido para todo tipo de textos comentados. Explicámolo cun exemplo práctico a partir dunha cantiga da literatura galaico portuguesa medieval.   QUE É UN COMENTARIO LITERARIO? •       Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor/a e argumentar cos recursos significativos do texto esa idea escollida. •        Tamén pode ser que teñamos que localizar un autor con respecto a un texto polo seu estilo e temática. PARTES DUN COMENTARIO •       Lectura e información (se é preciso co dicionario) •       Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario) •       Interpretación ou núcleo:                 a) asunto ou resumo, tema ou id...

AS CANTIGAS DE AMOR

Imaxe
  Imos partir de como a cançó provenzal chega ao reino de Galicia grazas ao íntima relación cos reinos medievais do sur da actual Francia. O Trobadorismo foi sen dúbida unha das influencias culturais máis relevantes do século XII que van provocar o Esplendor da lírica galaico-portuguesa.  Vexamos para comezar unha cantiga de amor de Bernal de Bonaval na que se aprecian a confluencia e a fusión das dúas compoñentes deste movemento creativo que se fragua no século XIII, unha cantiga que presenta  tanto as características máis destacadas da filosofía do amor cortés provenzalizante, como trazos autóctonos moi evidente:     A dona que eu amo e tenho por senhor amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for, se nom dade-mi-a morte.   A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus, se nom dade-mi-a morte.   Essa que vós fezestes melhor parecer de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer, se nom dade-mi-a morte.   ...

AS CANTIGAS DE AMIGO: TIPOS

Imaxe
  Tipos de cantigas de amigo : A dificultade da súa clasificación nalgúns casos, non impide establecer varios criterios para podelas agrupar en distintos subtipos: A)      Atendendo á ambientación, ao “locus amoenus” (lugar ideal) simbólico evocado. Bailadas : Como as cantigas de amigo nas que se fai referencia a un espazo aberto e claras referencias ao baile (ambos trazos considerados tradicionais). Adoita facer referencia a un lugar como, por exemplo, na seguinte cantiga (so as avelaneiras floridas)       Bailemos nós já todas tres, ai amigas, so aquestas avelaneiras frolidas; e quen fôr belida, como nós, belidas, se amig' amar, so aquestas avelaneiras frolidas verrá bailar.   Bailemos nós já todas tres, ai irmãas, so aqueste ramo d' estas avelãas; e quen fôr louçãa, como nós, louçãas, se amig' amar, so aqueste ramo d'estas avelãas verrá bailar.   Por Deus, ai amigas, mentr' al non fazemos, so aq...

ATOPAR ELEMENTOS TRADICIONAIS E TROBADORESCOS

Imaxe
TRES CANTIGAS DE AMIGO PARA OBSERVAR ELEMENTOS  TRADICIONAIS E TROBADORESCOS: As cantigas de amigo máis fieis á tradición da canción feminina empregan cobra (estrofa) de dous versos pareados máis un refrán e seguen un paralelismo perfecto, mesmo o leixaprén. O espazo é sumamente importante. Escenas da vida rural na fonte, no río, ante o mar, na romaría ou bailando coas amigas. Expresan ou ledicia polo encontro co amigo ou pena pola ausencia deste. A paisaxe está sempre inzada de simbolismo erótico.   Mia irmana fremosa, treides comigo a la ygreia de Vigo, u é o mar salido. E miraremos las ondas.   Mia irmana fremosa, treides de grado a la ygreia de Vigo, u é o mar levado. E miraremos las ondas.   A la ygreia de Vigo, u é o mar salido, e verra i mia madre e o meu amigo. E miraremos las ondas... Existe un segundo tipo de cantigas que respecta o paralelismo, pero lévanos a ambientes domésticos: a namorada falando coa nai ou as amigas nun espazo ...

DO TRADICIONAL E TROBADORESCO NA LÍRICA MEDIEVAL

Imaxe
 DO TRADICIONAL E TROBADORESCO. Cal era o papel das mulleres galegas á hora de crear e interpretar as cantigas medievais?  A raíña Urraca e o boloñés: Fíxate neste vídeo a importancia na monarquía galega e portuguesa da influencia dos reinos franceses de Borgoña, Aquitania e Provenza. O tradicional  antes da escrita da lírica medieval galego-portuguesa En Galicia, o reino medieval máis vello de Europa, temos moitos indicios da existencia dende vello dunha tradición oral popular que crearía cantigas entre elas un tipo de canción feminina de temática amorosa, interpretada polas mesmas mulleres, tradición que, en boa medida, persistiu ata os nosos días a través das cantadeiras. Factores que deron lugar á escrita en galego-portugués:  Mais a literatura culta escrita en galego-portugués non comezará ata o século XIII coa chegada da moda do Lirismo Provenzal grazas ao Camiño de Santiago que trouxo a Compostela en peregrinación cos nobres occitanos que deron entrada a ...