Publicacións

A TRADICIÓN ORAL I (O NADAL):

Imaxe
  NADAL DE LUÍNTRA  Cara Belén camiña unha Niña ocupada fermosa canda ela San Xosé a acompaña. Chegaron a Belén e pediron pousada, responderon desde dentro con voz alborotada -Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama? -Somos Xosé e María que pedimos pousada - Se traen cartos que entren e se non que se vaian. - Cartos non traerei máis que real de prata -Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.   San Xosé se apenaba, María o consolaba. Non te apenes Xosé, non te apenes por nada, que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña? A TRADICIÓN ORAL I (O NADAL) Sabíades que nos Séculos Escuros curiosamente un dos textos que se difundiron en galego mesmo fóra de Galicia e en galego foron os vilancicos?  Este aparente paradoxo ten dúas razóns de ser:  Unha pola razón parte dunha cousa aparentemente intranscendente, da semellanza que vían moitos naquela época entre os nomes de Galicia e Galilea, pobos ambos que con certo parecido nos nom...

As Cantigas Relixiosas ou de Santa María

Imaxe
  AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA  Na lírica galaico-portuguesa medieval atopamos un xénero, o das Cantigas de Santa María que tivo unha curiosa xénese: o empeño do rei Afonso X, o Sabio, por marcar as diferenzas co poder da Compostela daquela época.   Hai pois un interese político para evitar a hexemonía na Igrexa compostelá.    Para minguar a figura de Santiago escolle á Virxe como centro de interese, realiza un primeiro libro coas súas composicións que será a base dun códice posterior, que contén 427 cantigas das que unha parte son obra do propio rei.   Afonso X   curiosamente pasara grandes tempadas na súa infancia en Galicia e fora criado en galego, pero reinará en Toledo, onde nacera e quixo facer desta capital un dos centros culturais máis emblemáticos da Península e de Europa desexando a coroa do Sacro Imperio Romano Xermánico sen éxito.   Autoría Este traballo mandouno realizar a   un scriptorium de autores e escribas en Toledo. O C...

As Cantigas Satíricas

Imaxe
  Podes ver o texto da cantiga na páx. 150 do libro ou se o prefires procurar este ou calquera outro texto neste   Glosario de cantigas satíricas.  A   "Arte de Trovar" que se conserva no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa é un tratado de poesía medieval moi interesante. Este cancioneiro, descuberto no século XIX en Italia e que mercou o Estado Portugués, é o máis completo dos tres cancioneiros que conservamos (1600 cantigas dos distintos tipos). Presenta un tratado de poética ( Arte de Trovar) que estuda eses diversos tipos de composicións e os trazos formais que as caracterizan. Das cantigas de escanio e maldicir esta Arte de Trovar da época di: "Cantigas d´escarneo son aquelas que os trobadores fan querendo dizer mal dalguén nelas, e dizen-lho per palavras cubertas (que teñen dúas interpretacións)... e estas palabras chaman os clérigos equivocatio . E estas cantigas pódense fazer ben de refrán ou mestría (sen refrán). Cantigas de maldizer son ...

PLAN LECTOR

Imaxe
O home que matou a Antía Morgade, de Arantxa Portabales.   Quen é a autora? De que vai a novela?  Agora tócache a ti.  Novela para este fin de trimestre. 

CONTIDOS PROBA 1ª Avaliación

Imaxe
 UNIDADE 0: A ría da nosa existencia Lingua e sociedade: - Fala e Lingua -  A lingua un dereito... Panorámica  da Historia da Lingua No libro de texto páx. 18,19,20 e 21 ** Os seguintes gráficos servirán de axuda para entender o proceso de evolución do latín ao galego:  Literatura: UNIDADE 1- Tradicional e trobadoresco (I)  - Do tradicional e trobadoresco na lírica medieval No libro de texto páx. 70,71,72,73,74 e 75. - As cantigas de amigo. Tipos No libro de texto páx. 122, 123, 124, 125, 126 e 127. UNIDADE 2- Tradicional e trobadoresco (II) - As cantigas de amor. No libro  de texto páx. 94, 95, 96, 97, 98 e 99 - O comentario literario das cantigas amorosas galego-portuguesas Gramática:   Unidade e variedade da lingua. Lingua estándar. Lingua falada e escrita. As variedades da lingua: A Fala No libro de texto: 38,39,40, 41, 42 e 43 Das clases de palabras. Substantivos e Adxectivos. Xénero e número. No libro de texto 62,63,64,65, 66 e 67 // 86,87,88, ...

DAS CLASES DE PALABRAS/ DOS SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS. XÉNERO E NÚMERO

Imaxe
CLASES DE PALABRAS SUBSTANTIVOS ADXECTIVOS XÉNERO  NÚMERO ACTIVIDADES:  Debes contrastar esta información tras consultar no libro de texto: Unidade 3 nas páxinas 62 et ss. e na Unidade 4: as páxinas 86 et ss.   POSESIVOS Ollo:

TRABALLO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN EN GRUPO

Imaxe
   TRABALLO DE GRUPO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN.  Chegou o día de escoller cantiga(s) en grupo para realizar unha versión audiovisual protagonizada por vós. Podedes escoller unha cantiga xa gravada e sobre o audio preparar un vídeo protagonizado polas persoas do grupo. Podedes ver modelos de cantigas e variadas versións nas distintas entradas que enlazamos a seguir.  Os obxectivos didácticos que se pretenden acadar con este traballo son:  1- Protagonizar un achegamento colectivo ao esplendor da lírica galaico-portuguesa selecionando unha cantiga amorosa de amigo ou de amor. 2-  Interiorizar por parte do alumnado esa cantiga amorosa do galego-portugués medieval ata o punto de protagonizar unha montaxe audiovisual na que como actores e/ou actrices trasladen na interpretación realizada e gravada unha atmosfera e visión fieis dos contidos estudados que presenta a cantiga e da estética propias do texto seleccionado. 3- Realizar un exercicio ou proposta de creación ...