Publicacións

UNIDADE 1/ A LÍRICA MEDIEVAL AMOROSA GALEGO -PORTUGUESA

Imaxe
A Raíña Urraca. (1081-1126) casada con Raimundo de Borgoña A raíña Urraca foi a primeira raíña medieval de Europa se observamos e quen é filla e a súa corte entenderemos como se vai producir nesta época o proceso de maduración e a posterior aparición dunha literatura escrita en Galego-portugués de gran influencia no mundo literario europeo.  Constanza de Borgoña, nai de Urraca Teresa, condesa de Portugal,  medio irmá de Urraca e casada con Henrique de Borgoña,  nai do primeiro rei Portugal. Borgoña, reino medieval  de onde proceden nobres de gran transcendencia para Galicia e Portugal no século XII        DO TRADICIONAL E TROBADORESCO         DAS CANTIGAS DE AMIGO         COMENTANDO CANTIGAS (I)       DAS CANTIGAS DE AMOR       

UNIDADE 0/ Traballo de investigación: O primeiro espertar cultural da Gallaecia (I)

Imaxe
Un primeiro traballo para indagar e non amortecer nin minguar: Partimos do concepto da Gallaecia imos afondar nun total de dez fitos nos que construír un achegamento a todo un cúmulo de circunstancias e personaxes que nos axuden a entender este período duns 2000 anos nos que pasamos da prehistoria e do mito á historia tirando do idioma do Imperio, é dicir, de Roma. Imos usar nomes de personaxes ou acontecementos sobre os que asentar a nosa memoria sobre os galaicos, ese pobo entre dous mundos (Atlántico e Mediterráneo) da Prehistoria:  Comezamos por BREOGÁN e ITH unha achega mitolóxica,  reparar por outro lado a idea da nosa terra GALLAECIA como FINISTERRAE (a fin do mundo para gregos, romanos e celtas).    Logo unha entre mitolóxica e histórica o primeiro contacto con Roma, DÉCIMO XUÑO BRUTO, O GALAICO e o RÍO DO ESQUECEMENTO. Unha reflexión sobre a resistencia contra o invasor O MONS MEDULIO. Pasar logo ao proceso de Latinización con latín escrito desde Gallaecia: ...

A MEMORIA DE NOSO (I): Para que temos a memoria?

Imaxe
Yolanda Castaño diante dunha imaxe de Rosalía de Castro        A memoria é unha capacidade altamente humana asociada á educación, unha ferramenta da que a humanidade sempre se soubo servir para progresar. Mais o progreso precisa saber usar esa faceta da nosa identidade que é quen de construír un futuro mellor. A memoria é cultura e a cultura ensina, sobre todo, a cuestionar as cousas, algo que coa ignorancia, xa non digamos coa necidade e desprovistos da memoria non sería posible. O espírito crítico é polo tanto unha das herdanzas máis necesarias asociadas á memoria.  De feito a crítica nace do coñecemento e, en especial, da discusión sobre o coñecido, o interese por superar os erros do pasado e despois de aprender dese mesmo pasado. Imaxinar e soñar o futuro é algo tamén moi humano. Exerzamos de seres humanos, de persoas con memoria e educación, con coñecementos e espírito crítico, de formación para o futuro co que soñamos.      A nosa adolescen...

PROBA DE RECUPERACIÓN DE XUÑO

  Contidos:  Para 1ª AVALIACIÓN     AS CANTIGAS DE AMIGO E CANTIGAS DE AMOR podes atopalas nos contidos da 1ª avaliación Para a 2ª AVALIACIÓN  AS CANTIGAS SATÍRICAS E RELIXIOSAS  podes atopalas nos contidos da 2ª avaliación  OS SÉCULOS ESCUROS Para 3ª AVALIACIÓN (agás os Precursores) CONTIDOS DA 3ª AVALIACIóN   Os contidos de gramática serán os da 3ª avaliación  para calquera das probas.  DATA: O día da proba será o martes 17 de xuño ás 11,30-13.00

CONTIDOS 3ª Avaliación

 Nesta avaliación temos que meternos de cheo na etapa denominada tradicionalmente Rexurdimento. En concreto:  Sarmiento e os Precursores, Rosalía e os autores posteriores, (especialmente Pondal da Unidade 12 e Curros da Unidade 13) que serán obxecto dunha actividade de comentario de textos posterior á proba escrita, na mentras que nesta proba analizaremos temáticas e estilo destes autores por contraste a través de pequenos textos seleccionados.  Lembra logo que os autores dos comentarios que vaiamos facendo se irán sumando como materia avaliable (falamos de Rosalía de Castro,  Curros Enríquez e Eduardo Pondal)  A literatura do XIX.  De 1808 a 1863. Precursores (Unidade 10) páx. 244- 251 Precursores do Rexurdimento   no blog.  A Galicia!   de Francisco Añón. Rosalía de Castro (Unidade 11) páx. 274-279  O prólogo dos Cantares  no blog Estrutura e Temáticas dos Cantares  no blog. Follas Novas. Dúas palabras da autora   no blo...

LETRAS GALEGAS 2025: Por que mulleres? Que lles debemos ás nosas cantareiras?

Imaxe
  No ano 2025 a Real Academia Galega dedícalle este Día  das Letras ás pandeireteiras e a tradición oral popular, un conxunto de centos e miles de mulleres que habitualmente foron e son aínda anónimas, pero que a Academia decide singularizar en 6 cantareiras xa falecidas como son Rosa e Adolfina Casás, Eva Castiñeira e as pandeireteiras de Mens (Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García e Manuela Lema). Dalgún xeito se homenaxea ás que lograron manter viva a tradición oral de séculos ata os nosos días, que estando a piques de botarse a perder, como consecuencia de que se foi esmorecendo o mundo rural e labrego en gran medida.  Mais nos anos setenta e oitenta do século pasado o traballo de recolleitas e cancioneiros (especialmente o Cancioneiro de Dorothé Schubarth)  e a actividade recuperadora de grupos musicais e asociacións folclóricas fixo que cun carácter máis urbano a tradición oral siga viva na boca da mocidade e con novas fórmulas de dinamización, concertos...

EDUARDO PONDAL

Imaxe
 O autor do Himno Galego, un poema do seu libro Queixumes dos Pino s sobre o que tamén buscaremos contrastes e semellanzas coa obra de Rosalía e de Curros Enríquez.  Biografía Poeta de corte cívico e un ton épico co que procura unha lingua culta que se afasta un tanto do estilo dos poetas popularizantes, incluíndo o celtismo e o bardismo (un bardo era aulea figura das tribos celtas que gardaba a memoria do pobo e relataba as súas fazañas).