Publicacións

CONTIDOS PROBA 1ª Avaliación

Imaxe
 UNIDADE 0: A ría da nosa existencia Lingua e sociedade: - Fala e Lingua -  A lingua un dereito... Panorámica  da Historia da Lingua No libro de texto páx. 18,19,20 e 21 ** Os seguintes gráficos servirán de axuda para entender o proceso de evolución do latín ao galego:  Literatura: UNIDADE 1- Tradicional e trobadoresco (I)  - Do tradicional e trobadoresco na lírica medieval No libro de texto páx. 70,71,72,73,74 e 75. - As cantigas de amigo. Tipos No libro de texto páx. 122, 123, 124, 125, 126 e 127. UNIDADE 2- Tradicional e trobadoresco (II) - As cantigas de amor. No libro  de texto páx. 94, 95, 96, 97, 98 e 99 - O comentario literario das cantigas amorosas galego-portuguesas Gramática:   Unidade e variedade da lingua. Lingua estándar. Lingua falada e escrita. As variedades da lingua: A Fala No libro de texto: 38,39,40, 41, 42 e 43 Das clases de palabras. Substantivos e Adxectivos. Xénero e número. No libro de texto 62,63,64,65, 66 e 67 // 86,87,88, ...

DAS CLASES DE PALABRAS/ DOS SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS. XÉNERO E NÚMERO

Imaxe
CLASES DE PALABRAS SUBSTANTIVOS ADXECTIVOS XÉNERO  NÚMERO ACTIVIDADES:  Debes contrastar esta información tras consultar no libro de texto: Unidade 3 nas páxinas 62 et ss. e na Unidade 4: as páxinas 86 et ss.   POSESIVOS Ollo:

TRABALLO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN EN GRUPO

Imaxe
   TRABALLO DE GRUPO DA PRIMEIRA AVALIACIÓN.  Chegou o día de escoller cantiga(s) en grupo para realizar unha versión audiovisual protagonizada por vós. Podedes escoller unha cantiga xa gravada e sobre o audio preparar un vídeo protagonizado polas persoas do grupo. Podedes ver modelos de cantigas e variadas versións nas distintas entradas que enlazamos a seguir.  Os obxectivos didácticos que se pretenden acadar con este traballo son:  1- Protagonizar un achegamento colectivo ao esplendor da lírica galaico-portuguesa selecionando unha cantiga amorosa de amigo ou de amor. 2-  Interiorizar por parte do alumnado esa cantiga amorosa do galego-portugués medieval ata o punto de protagonizar unha montaxe audiovisual na que como actores e/ou actrices trasladen na interpretación realizada e gravada unha atmosfera e visión fieis dos contidos estudados que presenta a cantiga e da estética propias do texto seleccionado. 3- Realizar un exercicio ou proposta de creación ...

AS VARIEDADES DA LINGUA: A FALA

Imaxe
  A linguaxe humana como ben expresou Castelao adquire unha concreción  en cada sociedade ou comunidade humana, polo tanto  diferénzase doutras por presentar unha diversidade lingüística e cultural que provoca a existencia de máis de 5000 linguas no mundo. O galego é unha delas que está dentro dun privilexiado 5% de linguas que ten máis dun millón de falantes.  Por outro lado a lingua galega presenta unha serie de trazos lingüísticos que a diferenzan doutras linguas, unha especie de esqueleto que soporta un corpo de expresións ou fenómenos concretos da lingua que podemos denominar fala, a versión visible dese esqueleto. A fala é a expresión natural da lingua, a diversidade intenbna que existe en cada lingua. A gramática polo tanto presenta sempre unha variedade lingüística que son as diferentes formas de falar. Logo está a competencia que ten cada falante, hai unha competencia activa, é dicir, o uso que fai cada persoa da lingua á hora de falar e unha competencia pas...

COMENTAR UNHA CANTIGA

Imaxe
  Imos comentar a seguir unha cantiga seguindo un esquema que será válido para todo tipo de textos comentados. Explicámolo cun exemplo práctico a partir dunha cantiga da literatura galaico portuguesa medieval.   QUE É UN COMENTARIO LITERARIO? •       Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor/a e argumentar cos recursos significativos do texto esa idea escollida. •        Tamén pode ser que teñamos que localizar un autor con respecto a un texto polo seu estilo e temática. PARTES DUN COMENTARIO •       Lectura e información (se é preciso co dicionario) •       Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario) •       Interpretación ou núcleo:                 a) asunto ou resumo, tema ou id...

AS CANTIGAS DE AMOR

Imaxe
  Imos partir de como a cançó provenzal chega ao reino de Galicia grazas ao íntima relación cos reinos medievais do sur da actual Francia. O Trobadorismo foi sen dúbida unha das influencias culturais máis relevantes do século XII que van provocar o Esplendor da lírica galaico-portuguesa.  Vexamos para comezar unha cantiga de amor de Bernal de Bonaval na que se aprecian a confluencia e a fusión das dúas compoñentes deste movemento creativo que se fragua no século XIII, unha cantiga que presenta  tanto as características máis destacadas da filosofía do amor cortés provenzalizante, como trazos autóctonos moi evidente:     A dona que eu amo e tenho por senhor amostrade-mi-a, Deus, se vos em prazer for, se nom dade-mi-a morte.   A que tenh'eu por lume d'estes olhos meus e por que choram sempre, amostrade-mi-a, Deus, se nom dade-mi-a morte.   Essa que vós fezestes melhor parecer de quantas sei, ai Deus!, fazede-mi-a veer, se nom dade-mi-a morte.   ...

AS CANTIGAS DE AMIGO: TIPOS

Imaxe
  Tipos de cantigas de amigo : A dificultade da súa clasificación nalgúns casos, non impide establecer varios criterios para podelas agrupar en distintos subtipos: A)      Atendendo á ambientación, ao “locus amoenus” (lugar ideal) simbólico evocado. Bailadas : Como as cantigas de amigo nas que se fai referencia a un espazo aberto e claras referencias ao baile (ambos trazos considerados tradicionais). Adoita facer referencia a un lugar como, por exemplo, na seguinte cantiga (so as avelaneiras floridas)       Bailemos nós já todas tres, ai amigas, so aquestas avelaneiras frolidas; e quen fôr belida, como nós, belidas, se amig' amar, so aquestas avelaneiras frolidas verrá bailar.   Bailemos nós já todas tres, ai irmãas, so aqueste ramo d' estas avelãas; e quen fôr louçãa, como nós, louçãas, se amig' amar, so aqueste ramo d'estas avelãas verrá bailar.   Por Deus, ai amigas, mentr' al non fazemos, so aq...