Publicacións

CONTIDOS 2ª Avaliación

 Na segunda avaliación teremos que afrontar: Comentarios de texto: Cantigas Proba de lectur a da novela O Home que matou a Antía Morgade de Arantza Portabales Proba escrita da avaliación cos seguintes contidos: Gramática: Verbos regulares  no libro páx, 352-353 Pronomes persoais  no libro páx. 351. Literatura: As Cantigas Satíricas: Escarneo e maldici r no libro de aula páx. 144-145-146-147-148 As Cantigas Relixiosas de Sta. María  no libro de aula páx. 170-171-172-173-174-175 Os Xéneros menores  páx. 149 do libro Do primeiro espertar cultural á prosa medieval A prosa medieval no libro de texto,  páx. 194-195-196-197-198-199 A tradición oral do Nadal (I) A Literatura dos séculos XVI, XVII e XVIII, nas páx. 218-219-220- 221-222-223-224-225 do libro de aula.  Lingua e sociedade: Xornada Escolar da non violencia. 

A LITERATURA DOS SÉCULOS XVI, XVII e XVIII

Imaxe
  Non poucas veces   teño pensado en cal foi a causa de que en Galicia se introducira o uso de escribir en castelán o que antes se escribía ou en latín ou en galego.   Non hai xénero de escritura testamentos, doazón, venda, contrato, foro, arrendamento, compra, cambio, partillas,etc… que eu non teña visto e lido en Galicia ou en latín ou en galego. E sei que se poden cargar carros deses   instrumentos que se conservan en Galicia. Non tendo precedido, pois, nin Concilio , nin Cortes nin consentimento uniforme dos galegos par actuar, outorgar, comercializar en lingua castelá,   quen a introduciu? A resposta está patente: que Galicia chora e chorará sempre. Non os galegos, senón os non galegos, que ós principios do século XVI inundaron o reino de Galicia, non para cultivar as súas terras, senón para se facer carne e sangue dos mellores, e para cargar cos máis beneficiosos empregos, así eclesiásticos como civís, foron os que por non saber a lingua galega, nin por ...

PRONOMES PERSOAIS

Imaxe
 PRONOMES PERSOAIS: Os pronomes máis xenuínos porqu eson os únicos que nunca acompñarán a un sustantivo, sempre o substituirán. FORMAS TÓNICAS Cadro das contraccións dos pronomes átonos habituais: COLOCACIÓN DOS PRONOMES ÁTONOS Colocacion natural:  - Nunca poden comezar un enunciado: Quéreme  moito! - Posición natural despois do verbo: Pediume un libro.  Excepcións:        1ª- Oracións desiderativas ou negativas :  Oxalá te quixese! Non cho daría.        2ª- Nas oración subordinadas : Detrás dun que, porque, se...            Dixo que te chamaría. Se te mercase a bici... marchou porque che quería dar un libro.         3ª- Nas interrogativas ou  exclamativas : Quen che dixo iso?        4ª - Algúns indefinido s (algo, alguén, ninguén, ningún, ambos, bastante, calquera, nada, todo) e adverbios (acaso, aínda,...

XORNADA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA

Imaxe
  Tras o bombardeo con napalm en Viet Nam 1972 Digo bomba de fósforo. Apenas digo nada.   Digo lombriga e larva de carne podrecida.   Digo nenos de napalm, terror de noite e selva, fedor de cidade e cloaca.   Fame, suor, aldraxe, pugas de aceiro, antropofaxia.   Digo guerra bestial, tremor de terra, crime, lume, lava, estoupido, verdugo e mortandade en masa. Digo gas abafante.   Apenas digo nada. Digo yanqui invasor, depredador de patrias.   Digo plutonio, pentágono, esterco bursátil, palanca, Presidente, gadoupa, chuvia, amargura, baba.   Digo petróleo, ferro, mineral, trampa, lobo, caimán, polaris, cóbrega, miseria, diplomacia. Digo devastación que USA, usa.   Apenas digo nada. Digo Viet Nam i está xa dito todo cunha soia palabra.   Pra abranguer a vergonza do mundo, digo Viet Nam e basta. Celso Emilio Ferreiro, Viaxe ao país dos anano s. 1- Repara na foto. Logo no tema e recursos deste poema 2- Por que se celebra esta xornada? Para re...

VERBOS

Imaxe
  Un repaso gramatical dos verbos que precisamos recoñecer en detalle tanto os paradigmas regulares coma os irregulares e os usos dos tempos e modos.  No libro aparecen en dúas unidades nas páxinas seguintes da páxina 160 á 165 e da páxina 186 á 191.  Estrutura do verbo REPARA: Para aprender e repasar o verbos debemos: 1º Saber ben o nome dos 10 tempos de cada modo (6 de indicativo, 3 de subxuntivo e 1 de imperativo). 2º Identificar cada tempo coa característica modal-temporal correspondente. Verbos regulares Para os verbos irregulares debemos aprender a súa raíz de perfecto para usala en catro dos tempos a conxugar:  Por exemplo do verbo facer, a raíz deperfecto é: f ix- que se usará no Pretérito e Antepretérito de Indicativo e no Pretérito e Futuro de Subxuntivo.  fix -en          fix e-ra                                          f...

DO PRIMEIRO ESPERTAR CULTURAL Á PROSA MEDIEVAL GALAICO-PORTUGUESA

Imaxe
  Traballaremos sobre tres conceptos literarios referidos á nosa terra que se superpoñen un sobre outro dun xeito peculiar. O da tradición oral que servirá de material de unión entre dous relatos, o que se escribirá en latín, máis antigo, e o que se escribe logo en galego-portugués. 1- As primeiras referencias da tradición oral   A tradición oral como soporte dun patrimonio inmaterial que comeza a camiñar mesmo na prehistoria da nosa terra.  A cultura dos castros, a primera cultura deu lugar  non só a unha civilización material que destaca tanto pola súa forma de habitar o territorio: os castros e a súa ourivería (torques, brazaceltes, arracadas...) Hai tamén un patrimonio inmaterial que deu lugar a unha oralidade rica que segue viva e que fala destes primeiros habitantes denominados mouros/ mouras.   Un pobo entre dous mundos: O Atlántico e o Mediterráneo   Ademáis está Breogán é nos relatos antigos o primeiro rei de Galicia, o rei celta. Este m...

OS XÉNEROS MENORES DA LÍRICA MEDIEVAL

Imaxe
  Hai no conxunto das cantigas da lírica medieval galaico-portuguesa, unha serie de cantigas de difícil clasificación, que non encaixan nos tres xéneros principais. De aí que os críticos establezan tres tipos de xéneros denominados menores: A pastorela, o pranto, a tenzón e o lai. A PASTORELA Nesta cantiga aparece a palabra "pastor" referida a unha pastora. Adoitan ser cantigas dialogadas nas que un cabaleiro seguindo os trazos dunha cantiga de amor solicita o favor da "pastor" sendo habitual que esta responda ben aceptando ou ben rexeitando a proposición do  namorado. Esta intervención feminina acostuma tomar algún dos trazos tradicionais característicos da cantiga de amigo. O espazo no que acontece este encontro por veces tamén cobra o simbolismo que teñen algunhas das cantigas máis tradicionais. Quand'eu un día fui en Compostela en romaría, vi ũa pastor que, pois fui nado, nunca vi tan bela, nen vi outra que falasse milhor e demandei-lhi logo seu amor e fi...