Publicacións

DAS CANTIGAS DE AMOR

Imaxe
  DAS CANTIGAS DE AMOR 

Comentamos unha Cantiga Medieval?

Imaxe
Comentamos unha cantiga medieval?   Non chegou, madre, o meu amigo, e hoj'ést'o prazo saído!      ai, madre, moiro d'amor! Non chegou, madre o meu amado e hoj'ést'o prazo passado!      ai, madre, moiro d'amor! E hoj'ést'o prazo saído! Por que mentiu o desmentido?      ai, madre, moiro d'amor! E hoj'ést'o prazo passado! Por que mentiu o perjurado?      ai, madre, moiro d'amor! Por que mentiu o desmentido pesa-mi, pois per si é falido.      ai, madre, moiro d'amor! Por que mentiu o perjurado pesa-mi, pois mentiu a seu grado.      ai, madre, moiro d'amor.  D. Dinis. Lembrar que aquelas cantigas de amigo que expresan en espazos domésticos a condición ou estado  físico e anímico da namorada (velida, louçana/ coitada, en gran desejo...) son trazos de carácter trobadorescos ou provenzalizantes. Tamén hai que ter en conta a presenza ou non de recursos literarios como o refrán, o paralelismo,...

INTRoDUCIÓN Á LÍRICA MEDIEVAL GALAICO _ PORTUGUESA

Imaxe
Reinos centroeuropeos no momento da  aparición do sepulcro de Santiago en Gallaecia  A LÍRICA AMOROSA GALEGO-PORTUGUESA DO SÉCULO XIII AS CANTIGAS DE AMIGO  AS CANTIGAS DE AMOR

NO CAMIÑO, A EMPATÍA (II) Unha panorámica da historia da nosa lingua ben distinta (Traballo de investigación e creación da Unidade 0)

Imaxe
Trátase de elaborar un traballo de investigación e creacción no que se desenvolvan os seguintes cinco temas atendendo á cronoloxía indicada e ás fontes de información que se ofrecen que cada quen elaborará individualmente e segudo entenda.  A MOURA (Tradicion oral desde a Prehistoria) Substrato da nosa cultura. EXERIA (Primeiro espertar cultural da Gallaecia en Latin) Latinización. (Podes ver o seguinte vídeo a partir aprox. do minuto 2:22:30 ata 3.12. 00) ou visitar a seguinte publicación ) URRACA (As dificultades dunha das primeiras raíñas de Europa que gobernou en Galicia) Tras do nacemento do Galego, no limiar do esplendor medieval. AS MULLERES ANÓNIMAS CANTORAS DOS SÉCULOS ESCUROS:  Procurar información sobre a tradición oral como sostén da nosa cultura  a través dos tempos. Documental sobre as cantareiras  ROSALÍA DE CASTRO (A imaxe universal dunha Galicia contemporánea e culta) Rexurdimento. AS TANXUGUEIRAS, YOLANDA CASTAÑO e outras voces (escritoras e cantare...

NO CAMIÑO, A EMPATÍA (Unidade 0. Curso 2026/27)

Imaxe
  Algunha vez te preguntaches por que vivimos en sociedade? Por que o ser humano non pode vivir aillado e de costas ao outro? Cal é a clave para vivir en colectivo?  A resposta está na identidade.         Nesa procura do eu que comeza mesmo ao nacer, hai un camiño constante que nos vai descubrindo o mundo aos poucos, un mundo tan complexo e diverso que sempre haberá alguén alleo ao que achegarnos. Nese camiñar , por forza, caemos na conta de que a diversidade nos fai humanos e deste xeito axiña pasamos de estar na Casa a construír na paisaxe a nosa Terra, en base a nosa lingua, cultura e historia, unha personalidade na que o orixinal do nós , da nosa forma de ser nos abre as portas da universalidade. Trátase dun camiñar incesante e intrincado, intelixente e audaz no que se fai imprescindible practicar a empatía .   Liberarse dos prexuízos cara aos demais implica saber mellor quen somos e ser empáticos tanto cun mesmo como con calquera distinto a n...

Contidos Probas Finais e as Extraordinarias

Contidos da 1ª avaliación Contidos da 2ª avaliación Contidos da 3ª avaliación Cando se teñan que presentar a recuperar tres ou dúas avaliacións as preguntas das probas irán en proporción ao peso aproximado outorgado a cada avaliación,  que se entende que é un 25 para a 1ª /25 para a 2ª  e un 50 para a 3ª. As Probas de Lectura por realizar (ben de recuperación da 2ª, ben da 3ª avaliación de estar pendente) poderán realizarse, en lugar do día 2 de xuño, noutra data a acordar antes da reunión de avaliación 8 de xuño. Do mesmo xeito serán parte da materia a avaliar nas recuperacións no caso de non telas realizado ou de precisar recuperación delas.   CONTIDOS PARA AS PROBAS EXTRAORDINARIAS  O alumnado que teña só unha avaliación pendente os contidos son os que se sinalan nos enlaces anteriores.  O alumnado que con tres ou dúas avaliacións suspensas (evidentemente quen teña dúas só estudarán os contidos das avaliacións que teñan pendentes 1ª e 2ª, 2ª e 3ª ou 1ª e 3ª) ...

As Alumnas, de Paula Carballeira

Imaxe
  Unha homenaxe á mestra María Barbeito , quen era, que ten de especial?  Transmitir o coñecemento, a lingua... A historia informa de que non podes dar nada por feito. Dicirlle ás persoas que tiñan oportunidades. Alternar información máis seria con voltas á infancia con situacións máis irónicas.  Rosa e Elvira son personaxes reais?  Dous camiños a coller grazas á memoria: - Tempo perdido tras unha educación en igualdade para as mulleres... Rosa , a liberdade que palabra máis perigosa... só a entendemos cando nos falta.... - A esperanza de cambio tras da guerra...  que guerra é? Pero Elvira, o difícil de saír do guión...fun covarde... por que? A obra fálanos da culpa, do que é teu lugar, mais es libre para atopar o teu lugar? Que é a Guía da boa esposa ? Por que debe ser un paraíso o teu fogar? A autora ten unha estreia relación coa tradicion oral hai un conto sobre a morte. Lémbralo? A sociedade etrusca, lingua vernácula, o matriarcado como se plasma.  A f...

CONTIDOS DA PROBA DA 3ª Avalición

 Para esta terceira avalaición teremos que realizar unha proba escrita o próximo día 25 coas contidos que especificamos a seguir: LITERATURA: REXURDIMENTO: OS PRECURSORES   no libro de texto244-251 ROSALíA DE CASTRO páx do libro de texto 274 -279 Os prólogos dos seus libros (intencións), estrutura, temáticas e estilo dos mesmos.  PONDAL vs CURROS  ver no libro de texto, páxinas 294-299 / 314-319 As intencións, temáticas e estilo das súas obras máis sinaladas:  - Queixumes do Pinos de Eduardo Pondal - Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez  BEGOÑA CAAMAÑO: LETRAS GALEGAS 2026 COMENTARIOS Textos dos autores anteriormente citados (ver  especialmente os que aparecen no blog ou nos exercicios dedicados a cada autor/a do libro) para identificar autor/ obra e estilo en cada texto. Realizar comentarios de poemas enteiros dos tres grandes autores do Rexurdimento  despois de realizar a proba.  Nestes textos, puntuarase ademais dos contidos lit...

EDUARDO PONDAL VS MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Imaxe
  EDUARDO PONDAL VERSUS                                                                   CURROS ENRÍQUEZ

BEGOÑA CAAMAÑO, AS LETRAS DO 2026

Imaxe
  Begoña Caamaño Rascado, naceu no barrio vigués do Calvario, o 14 de outubro de 1964. Publicou dúas obras de narrativa   Circe ou o pracer do azul  (2009) e   Morgana en Esmelle   (2012), editadas por Galaxia. Tras os estudos de Maxisterio e dedicouse ao xornalismo, traballando nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo, Radio Noroeste e na Radio Galega, emisora na que botou a andar, xunto a Rosa Martínez en 1990, o programa Trécolas. En 1992 incorporouse á redacción central da Radio Galega, en Santiago de Compostela, desenvolvendo tarefas de redactora nos servizos informativos e no Diario Cultural, dirixindo e presentando os programas Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite.  Faleceu, aos 50 anos de idade, en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014.  A Real Academia Galega acordou, no Pleno Ordinario celebrado o 25 de xuño de 2025, dedicarlle o Día das Letras Galegas 2026 a Begoña Caamaño a proposta dos membros da Academ...

PLAN LECTOR DA 3ª TEATRO: AS ALUMNAS de Paula Carballeira

Imaxe
ANTES DE LER AS ALUMNAS DE PAULA CARBALLEIRA   QUE DEBEMOS VER NUNHA OBRA DE TEATRO CANDO SE REPRESENTA? Un xénero literario peculiar porque ten o obxectivo de se representar, un xénero que se identifica formalmente polos diálogos dos ersonaxes e as acoutacións ou aclaracións que se inclúen para poñela en escena.  O xénero dramático é polo seu contido  o que expresa conflitos , desacordos, ideas contrapostas, diversas formas de pensar que se enfrontan e que poden rematar traxicamente ou felizmente (comedia). ACTIVIDADES:   Formulemos unha primeira pregunta tras a represetación da Aula de Teatro do San Narciso.  1- Mirando a ilustración que acompaña ao dítico co que se presenta a obra, cal cres que será o conflito que se plantea nesta representación?  A obra que ides ver representada pola Aula de Teatro do Sei San Narciso, titúlase:  FOBOS, unha viaxe baixo o poder das egolatrías Leamos ese texto que nos fala desta obra: A Aula de Teatro San Nar...

ACHEGA A ROSALÍA DE CASTRO

Imaxe
  https://www.agalega.gal/videos/325507-contou-rosalia Como achegarme a Rosalía?  EXERCICIOS:   Unha achega a Rosalía de Castro: CANTARES GALLEGOS (1863) Resumir coas túas palabras o Prólogo de Cantares Callegos de Rosalía:   Comentando a Rosalía Has cantar memiña gaiteira... Estrutura e temáticas dos Cantares FOLLAS NOVAS (1880) Dúas palabras da autora Estrutura e estilo de Follas Novas

PRECURSORES DO REXURDIMENTO

Imaxe
  PRECURSORES Sarmiento, é un precursor do Rexurdimento? Xoán Manuel Pintos  aportes ao Rexurdimento deste autor. Antonio Fernández Morales, un precusor do Bierzo. Francisco Añón, un caso particular.  Os Xogos Florais da Coruña de 1861: 1861.- Celébranse no Teatro Principal da Coruña (hoxe Teatro Rosalía de Castro) os primeiros Xogos Florais que constituíron un punto de arranque do Rexurdimento literario da lingua galega. Organizados por Juana de Vega, condesa de Espoz e Mina, e Benito Vicetto seguindo o exemplo dos Jocs Florais celebrados en Cataluña dous anos antes a imitación dos ocitanos, os galegos foron custeados por José Pascual López Corton. O premio da Flor Natural quedou deserto, pero sería outorgado a Francisco Añón o primeiro accésit ao premio da flor natural, como autor da composición: A Galicia, enviado baixo a seguinte lema: Airiños d’a miña terra, airiños, airiños, aires, airiños, levám’ á ela, único traballo en galego entre os premiados. En todo caso, e m...

LECTOR 2º TRIMESTRE: BELEZA VERMELLA de Arantza Portabales

Imaxe
Prazo de lectura: Día da proba de lectura o próximo 16 de abril.  Aratza Portabales   Unha novela que abre unha saga de tres casos diferentes na trama, pero que comparten personaxes como os inspectores Santi Abad, e Ana Barroso.  Unha inspiración da artista marinense Celeste Garrido:  Procura unha análise dos elementos narrativos que se atopan nos capítulos 1 e  2 do libro: Historia, voz narradora, personaxes, espazo(s), tempos e modos de discurso.

CONTIDOS DA 2ª AVALIACIóN:

Na segunda avaliación teremos que afrontar: Comentarios   de texto: Cantigas  e pastorelas.  Proba de lectur a do libro de relatos O Axolote de Lara Dopazo Proba escrita   da avaliación cos seguintes contidos: Gramática: Verbos regulares  e irregulares no libro páx, 352-353 Pronomes persoais  no libro páx. 351. Literatura: As Cantigas Satíricas: Escarneo e maldici r no libro de aula páx. 144-145-146-147-148 As Cantigas Relixiosas de Sta. María  no libro de aula páx. 170-171-172-173-174-175 Os Xéneros menores  páx. 149 do libro Do primeiro espertar cultural á prosa medieval  (non entrará) A prosa medieval no libro de texto,  páx. 194-195-196-197-198-199 A Literatura dos séculos XVI, XVII e XVIII,   nas páx. 218-219-220- 221-222-223-224-225 do libro de aula.  Lingua, literatura e sociedade: Día de Rosalia .  Primeiros comentarios de textos da autora

DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO AO DÍA DAS LETRAS DE BEGOÑA CAAMAÑO

Imaxe
Despois de ler o texto introdutorio faremos un breve comentario do texto de Rosalía de Castro:  DE ROSALÍA A BEGOÑA CAAMAÑO   Xigantescos olmos, mirtos que brancas frores ostentan, unhas con cogollos inda, outras que o vento esfollea; buxos que xa contan sigros e que xuntos verdeguean formando de rama e troncos valos que naide atravesa, e nos que moi descansadas fan o seu niño as culebras; loureiros irmáns dos buxos pola altura i a nacenza, pois arraigaron a un tempo no máis profundo da terra; limoeiros e laranxos qu'o verde musgo sombrean i olido esparcen d'azare con que a xente se recrea; eternos bosques en donde sombrío misterio reina, onde só os paxaros cruzan polas tristes alamedas onde ó marmular as fontes un coidara que se queixan, i ond'o mesmo sol do estío melancólico penetra; i en medio desta espesura e desta hermosa tristeza, nunha casa inda máis triste, si de fachada soberba, alí din que ten o niño a nai de tódalas meigas: casa con portas de cedro, en cada venta...

Unha proposta de traballo sobre AS IRMANDADES

Imaxe
 Investiga e documenta estas catro preguntas:  Que eran As Irmandades? Quen eran os grandes señores de Galicia daquela? Que papel xogaron os burgueses e os labregos nas Guerras Irmandiñas? Como cres que tería sido Galicia de triunfaren as Irmandades? Proposta de traballo voluntario a partir do seguintes documentos audiovisuais: Prazo de entrega unha semana  27 de febreiro de 2026. 

REPASOS GRAMATICAIS OBRIGADOS

Imaxe
  VERBOS REGULARES E IRREGULARES PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS  

PROSA MEDIEVAL E TEMÁTICAS PERTINENTES PARA A LITERATURA GALEGA

Imaxe
A prosa medieval galaica:  Non é tan copiosa como a lírica, pero garda como veremos unha serie de conexións co desenvolvemento literario deste páis moi notables. Resulta así algo máis significatva do que aparente un conxunto de textos dos século XIII. XIV e XV  en galego-portugués poden amosae. Imos facer notar que ese desiterese entra en contradición coa curiosa conexión que a prosa medieval ten coas temáticas recorrentes que deron lugar a unha tradición oral, agora xa en galego que mantén unha relación singular coa: Prosa de ficción artúrica (relación co celtismo)  a través da materia de Bretaña (bretón o único idioma celta continenntal conservado ata hoxe). Súmanse así a relatos da conquista mitolóxica de Irlanda por parte dos galaicos fillos de Breogán (Libro das conquistas ou  Lebor Gabála Érenn ) as narracións do rei Artur e os cabaleiros da Táboa redonda, de Merlín e do Santo Grial.  A tradición oral  lembra como os cabaleiros do rei Artur están enca...

PLAN LECTOR 2026: O AXOLOTE e OUTROS CONTOS DE BESTAS E AUGA

Imaxe
O prazo para lectura será  ata o 15 de xaneiro Como empezaches a escribir ? Cales son os teus referentes literarios? Recitanos un dos teus poemas? Lemos un dos seus textos e debetemos as súas posibles interpretacións A ILLA DAS MULLERES